17/5/07

Nós tamén estamos aí!!!


O ano pasado foi en Lalín, este ano en Silleda.

Como persoas preocupadas polo estado da nosa lingua e da nosa cultura e como membros da Mesa pola Normalización Lingüística, promovemos actividades neste día das Letras Galegas. A comarca do Deza decidiu alternar o lugar da celebración: o ano pasado en Lalín houbo teatro, música, poemas... e hoxe...

Hoxe, 17 de maio de 2007, é a Asociación cultural Adellís a que vos convida a participar na inauguración dun mural en cerámica (gres) feito con óxidos de cobalto, cobre, cromo, manganeso, zirconio, etc.. para destacar as distintas representacións gráficas do conxunto. O mural está composto por debuxos e textos, presentados en diferentes volumes e relevos. As medidas aproximadas son de 165cm x 160cm, e vai montado nunha chapa ríxida apta para intemperie, con posibilidade de ser trasladado en caso de querer cambiar a súa ubicación.
O que se pretende é a recuperación cultural para o pobo dalgúns dos traballos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao publicados en Cousas, ademais de potenciar e incidir na mensaxe social que este autor nos deixou na súa obra.
O acto contará tamén coa lectura de diversos poemas de María Mariño.

No hay comentarios:

LinkWithin