sábado, octubre 19, 2013

Los mundos sutiles

Estamos estudiando la obra de Antonio Machado y hemos utilizado el documental de E. Chapero-Jackson titulado Los mundos sutiles, como una forma de acercarnos a la figura del poeta.
Creo que la idea de  relacionar el mundo de la danza con el de la poesía ha sido un gran acierto.


viernes, octubre 04, 2013

Las obras escogidas de T.S.Spivet

" El teléfono sonó bien avanzada una tarde de agosto, cuando mi hermana mayor, Gracie, y yo, descansábamos en el porche de la parte trasera, pelando mazorcas de maíz sobre las enormes tinajas de latón. Las tinajas guardaban aún las marcas de los pequeños dientecillos de Verywell, el perro del rancho, que la primavera anterior había cogido una depresión y acabó mordiendo metales".    (Páx.13)

  Así comeza Las obras escogidas de T.S.Spivet de Reif Larsen, unha obra que conta a historia dun rapaz de 12 anos que vive en Divide (Montana) e que ten un don especial para debuxar todo aquelo que lle chama a atención. De feito o libro está cheo dos seus traballos, auténticos tratados que prestan unha gran atención aos detalles (mapas,membros da súa familia...) Un día recibe a chamada de G.H. Jibsen, do Instituto Smithsoniano, e iso marcará a súa existencia.
  




sábado, septiembre 21, 2013

Elogio de la lectura


"Para ciertos lectores, el placer de la lectura es uno de intimidad.Ese espacio amoroso que un lector crea con su libro no admite otra presencia.El niño que lee bajo la manta a la luz de una linterna cuando se le ha ordenado dormir, el adolescente acurrucado en el sillón para quien el único tiempo que transcurre es el del cuento que está leyendo,el adulto aislado de sus congéneres en un atiborrado vagón de tren o en un bullicioso café, encuentra su placer en un mundo creado solo para él".
Alberto Manguel, Babelia.


sábado, junio 29, 2013

Beyond the sea

La verdad de la señorita Harriet

"En ausencia de la muchacha he estado trabajando con intensidad en mis memorias. Es fascinante lo que uno se puede sumergir en un mundo que consiste solo en tinta y papel; a menudo tengo la sensación de haber retrocedido en el tiempo. Allí estamos Annie Gillespie y yo, caminando por el West End de Glasglow. O aquí está Ned, justo a mi lado. Si cierro los ojos puedo olerlo: el dilce aroma de su pipa, la fragancia a pino del aguarrás. A veces, si levanto la vista de la hoja, me sorprende descubrir que no está ahí sentado en la esquina, observándome con una sonrisa afectuosa en los labios." (Páx.361).


A acción comeza no ano 1888 en Glasgow a onde se traslada Harriet Baxter, a protagonista da historia, tras o falecemento dun familiar. Casualmente coñece á familia Gillespie e entabla con eles unha relación de amizade. Harriet é unha muller independente que leva unha vida tranquila pero ve alterada a súa existencia por un acontecemento que deixara nela unha pegada imborrable.
 No momento de escribir a historia, Harriet é xa unha muller de idade avanzada que reside en Londres e decide escribir as súas memorias para contar a súa versión dos feitos.
  O relato vai gañando en intensidade a medida que avanza a lectura aínda que non chega a sorprendernos. E un ten a sensación de que quedan algúns interrogantes sen resposta.

sábado, junio 22, 2013

Libros de amor





"Te alejas por mis vagas avenidas de ensueño,
volviendo la cabeza, como una rama loca
y tus hojas inmensas, grandes como tu alma
se clavan duramente en mi alma de sombra…

rosas tristes que caen de tus manos de nieve
vienen hasta mí en un viento de congoja
y la esencia que esparcen, huele al recuerdo triste
de los rosales, deshojados de tu boca…

me miras desde lejos, desde lejos te miro,
y no sé qué me impide llegar hasta tu gloria,
y no me atrevo a ir en busca de tu llanto
para que se pierda tu indecisa memoria…"

  Juan Ramón Jiménez, Libros de amor.


martes, junio 04, 2013

La montaña

                                                                 

"En un país donde las velas ardían de abajo hacia arriba y la lluvia caía desde el suelo, se alzaba una montaña de origen impreciso, cuyo nombre evocaba toda clase de desgracias".


 Einar Turkowski fainos unha proposta moi interesante a través desta obra que pode ser abordada dende moitas perspectivas. Ilustrado por el mesmo, é unha lectura que, de seguro, faranos pensar en moitos temas ( a soidade, o afán de superación,...)

lunes, mayo 06, 2013

Letras Galegas 2013


"Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."

Roberto Vidal Bolaño.


sábado, mayo 04, 2013

Paul Auster (IV)

Como resumo de todas as actividades que fixemos no centro con motivo do Día do Libro, deixamos no blog un pequeno traballo onde aparecen recopiladas todas elas.
A idea foi proposta polo Departamento de Inglés  e dende a Biblioteca colaboramos coa iniciativa. Queremos agradecer o traballo de todos os que participaron, alumnos (ESO, Bacharelato e Ciclo de Comercio) e profesores ( Departamento de Plástica, Comercio,  Clásicas,Castelán...) e a fixeron posible.

Día do Libro 2013 on PhotoPeach

viernes, abril 26, 2013

Paul Auster (III)

Para celebrar o Día Mundial do Libro, esta semana organizamos no noso centro unha serie de actividades presididas polo tema común da lectura. Este ano eliximos a figura do escritor norteamericano Paul Auster así que, ademais de reler as súas obras, recopilamos información sobre a súa figura a través de fotografías, entrevistas, citas,...
  Nos recreos leváronse a cabo na Biblioteca lecturas dunha das súas obras, Smoke, e proxectáronse imaxes da película. Mañá continuaremos coas actividades e despois faremos un resumo de todos os traballos.
  A continuación podese ver unha pequena mostra da exposición que fixemos.



Pódese consultar tamén a Aula Virtual.

martes, abril 16, 2013

Paul Auster (II)

" A literatura é unha forza no mundo e non me imaxino a vida sen literatura. A vida sen arte é inimaxinable, pero como todos saben, cada vez hai menos lectores. Cada vez a literatura ten que competir con outras formas de lecer. Isto nunca me  preocupou, porque os libros teñen algo que non ten a música ou outras formas de arte:os libros  lense individualmente. Aínda que haxa un lector ou haxa un millón, sempre hai un lector e un libro. É unha relación un a un, autor e lector colaborando xuntos. E en certo sentido, é o único lugar do mundo onde dous estraños poden coñecerse e reunirse en termos de igualdade. A xente fala da  morte da literatura, pero eu creo que non se vai producir."
                                                                               Paul Auster


martes, abril 09, 2013

Un lenguaje nuevo

- [...] Mire, estoy en el proceso de inventar un lenguaje nuevo. Con semejante trabajo que acometer no puedo perder el tiempo con la estupidez ajena. En cualquier caso, todo forma parte de la enfermedad que estoy intentando curar.
-¿Un nuevo lenguaje?
- Sí. Un lenguaje que diga por fin lo que tenemos que decir. Porque nuestras palabras no se corresponden con el mundo. Cuando las cosas estaban unidas estábamos seguros de que nuestras palabras las expresaban. Pero, poco a poco, esas cosas se han ido rompiendo, despedazando, convirtiéndose en un caos. Y nuestras palabras han seguido siendo las mismas. No se han adaptado a la nueva realidad. Ahora, cada vez que intentamos hablar de lo que vemos, hablamos falsamente, distorsionando la cosa que estamos intentando representar.
Paul Auster, La ciudad de cristal.


viernes, marzo 15, 2013

Falamos de libros

  Onte recibimos no noso centro a visita de Lola Puerta, da Librería Aenea, de Santiago. Tivemos a sorte de poder intercambiar comentarios sobre libros e de atender ás súas recomendacións. Foi un auténtico luxo poder contar coa súa presenza e escoitar as súas explicacións.
  Bautizamos esta actividade co nome de Falamos de Libros. Escollemos a entrada do instituto como o lugar máis axeitado para expoñer o material e tamén engadimos algunhas fotografías nos paneis. Nunha das mesas había unha urna para deixar as nosas suxerencias de lectura.
   A continuación deixamos algunhas fotografías desta actividade.
   
Falamos de libros on PhotoPeach