viernes, octubre 27, 2023
martes, octubre 24, 2023
O xoves 26 ao mediodía na biblioteca terá lugar a primeira reunión deste curso do club de feminismo, ás 15.10. As organizadoras convidan a toda a comunidade educativa a participar.
Este club comenzou a súa andaina o curso pasado, como un punto de encontro para compartir lecturas e opinións arredor do feminismo. Este ano ampliaremos a nosa acción para organizar os eventos vinculados coa loita feminista pola igualdade e continuaremos cos encontros de lectura.
lunes, octubre 23, 2023
Samaín
SAMAÍN NA BIBLIOTECA
V CONCURSO DE RELATOS, LECTURAS DRAMATIZADAS E ILUSTRACIÓNS
Amplíase o prazo de inscrición e entregas ata o día 27!
O concurso terá tres modalidades:
- Os relatos estarán escritos en lingua galega.
- A extensión non excederá as 2000 palabras.
- O relatos entregaranse impresos na biblioteca.
- Data límite da entrega de textos: 27 de outubro.
- Formato: libre
- A temática pode estar relacionada coas diversas
manifestacións literarias e cinematográficas do xénero de medo, suspense ou
terror.
- Data límite da entrega das obras: 27 de outubro.
- Lingua: poderá empregarse calquera das linguas
estudadas ou faladas no centro.
- A duración da lectura non debe exceder os 5 minutos.
Establecerase un xurado composto por profesorado e alumnado que fará público o seu fallo co día 7 de novembro como data límite.
Para cada modalidade haberá dúas categorías:
CATEGORÍA 1: 1º, 2º e 3º de ESO.
CATEGORÍA 2: 4º de ESO e 1º e 2º de
BAC e FPB.
Se o número de traballos presentados é insuficiente ou non acada o nivel de calidade suficiente estimado polo xurado, o premio quedará deserto.
lunes, octubre 16, 2023
lunes, octubre 02, 2023
martes, junio 13, 2023
CINECLUB DO IES PINTOR COLMEIRO
14 de xuño ás 14.30 proxectamos Citizen Kane de Orson Welles