lunes, octubre 23, 2023

Samaín

 

         Ilustración: Ana Juan

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

 V CONCURSO DE RELATOS, LECTURAS DRAMATIZADAS E ILUSTRACIÓNS

        Amplíase o prazo de inscrición e entregas ata o día 27!

    O concurso terá tres modalidades:

 A. Relato escrito.

            - Os relatos estarán escritos en lingua galega.

            - A extensión non excederá as 2000 palabras.

            - O relatos entregaranse impresos na biblioteca.

            - Data límite da entrega de textos: 27 de outubro.

 B. Ilustración.

            - Formato: libre

            - A temática pode estar relacionada coas diversas manifestacións literarias e cinematográficas do xénero de medo, suspense ou terror.

            - Data límite da entrega das obras: 27 de outubro.

 C. Lectura dramatizada.

             - Os relatos poden ser orixinais ou versións de textos existentes adaptados ou non. Poderán dramatizarse os relatos que se presenten á categoría de relato escrito.

            - Lingua: poderá empregarse calquera das linguas estudadas ou faladas no centro.

            - A duración da lectura non debe exceder os 5  minutos.

            Establecerase un xurado composto por profesorado e alumnado que fará público o seu fallo co día 7 de novembro como data límite.

            Para cada modalidade haberá dúas categorías:

                       CATEGORÍA 1: 1º, 2º  e 3º de ESO.

                       CATEGORÍA 2: 4º de ESO e 1º e 2º de BAC e FPB.

                       Se o número de traballos presentados é insuficiente ou non acada o nivel de calidade suficiente estimado polo xurado, o premio quedará deserto.

No hay comentarios: