Tamén traballamos os tópicos literarios (Departamento de clásicas e castelán), Analizamos polo miúdo o cadro do matrimonio Arnolfini ( Departamento de castelán) e completamos un cuestionario sobre a Exposición (Biblioteca).
miércoles, mayo 15, 2019
Agasallo
Recibimos este bonito agasallo, unha flecha viaxeira, de Estíbaliz Espinosa, que nos visitou este curso. Agradecémoslle dende aquí este detalle e o poema que nos fixo chegar.
viernes, mayo 10, 2019
Renacemento e Barroco (II)
Seguimos engadindo fotografías dos traballos realizados con motivo do Día do Libro.
Departamento de Tecnoloxía
Departamento de Inglés
lunes, abril 22, 2019
Renacemento e Barroco
Durante os vindeiros días e para conmemorar o Día do Libro iremos deixando no noso blog as diferentes propostas dos Departamentos don noso centro. A temática elixida este ano son dous períodos especialmente fructíferos no mundo da arte, o Renacemento e o Barroco.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a alumnos e profesores a calidade e a cantidade das propostas levadas a cabo.
A continuación deixamos algunhas fotografías dos traballos realizados.
O matrimonio Arnolfini de J. van Eyck
(Traballo realizado polos Departamentos de Comercio e Clásicas e o alumnado de FPB).
Xornais da época renacentista e barroca
Traballo realizado polo Departamento de castelán e o alumnado de 3º de ESO.
A Literatura francesa renacentista e barroca.
Departamento de Francés.
jueves, febrero 14, 2019
Cadros e historias
Este mes estamos de celebración polo que dende a biblioteca queremos contribuir neste evento cunha actividade que vai dirixida a todos os alumnos do noso centro. Leva por título "Cadros e historias" e consiste en escribir un relato, un poema...a partir dun cadro do pintor Manuel Colmeiro, artista fundamental que lle dá nome ao noso instituto.
Nas portas das aulas hai copias dos seus cadros máis representativos e os corredores xa se están enchendo de historias.
Estas son algunhas das obras elixidas:


viernes, noviembre 16, 2018
Outono de poesía
Cal é o noso poema favorito? Por que o eliximos? Esa vai ser unha das actividades que propoñemos dende a biblioteca co título de Outono de poesía. Vai dirixida a toda a comunidade educativa e ten por obxectivo achegarse á lírica e compartir aqueles versos que máis nos gustan.
So tedes que seleccionar o voso poema,engadir algún elemento do outono (unha folla seca por exemplo) e pasar pola biblioteca.

lunes, noviembre 12, 2018
IX Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia
Esta fin de semana participamos nas IX Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia, onde tivemos a ocasión de intercambiar impresións cos nosos compañeiros sobre o traballo desenvolvido nas nosas bibliotecas. Sempre resulta unha boa oportunidade para traballar cuestións relativas á lectura dende distintos ámbitos.

No seguinte enlace pódese acceder ao contido das ponencias.
viernes, noviembre 09, 2018
Elvis
Nadie sabe lo que fue de Elvis.
Debió de quedarse mucho tiempo en aquella playa.
En medio de tanta calma y tanto silencio,oyó,entre el murmullo sordo de las olas y el soplo del viento en los hierbajos, una melodía de una belleza sobrecogedora.
Y allí,en ese momento,debió de escribir una canción:la más bella canción de amor jamás escrita.
Entonces Elvis volvió a su casa".
Elvis, Tai-Marc Le Thanh/Rébecca Dautremer,Ed. Edelvives,2009.
Elvis, Tai-Marc Le Thanh/Rébecca Dautremer,Ed. Edelvives,2009.
jueves, noviembre 08, 2018
Día de mortos (II)
Outra das actividades que levamos a cabo para a conmemoración deste día foi o visionado da película "Coco".
miércoles, noviembre 07, 2018
Día de mortos
Partindo do Día de mortos (México) traballamos nos diferentes grupos do noso centro o tema da morte. Cada grupo de ESO e Bacharelato creou un altar dedicado a una autor/a da literatura universal, tendo en conta os diferentes elementos do mesmo (a auga, a terra...)
Mesmo fixemos un concurso,dado o interese suscitado.Tamén houbo premios para as mellores máscaras.
Aquí deixamos algunhas das creacións dos nosos alumnos.
Moitas grazas a todos pola vosa axuda e participación!
Moitas grazas a todos pola vosa axuda e participación!
viernes, abril 27, 2018
Semana do Libro: A Idade Media (III)
Tamén tivemos a oportunidade de asistir a unha representación teatral sobre as Danzas da Morte, coordinado polo Departamento de Castelán, e posto en escea polos alumnos de 1º de Bacharelato.
Semana do Libro: A Idade Media (II)
Onte , continuando coa Semana medieval, tivemos a oportunidade de degustar algúns postres da Idade Media, por medio da colaboración dos nosos alumnos e as súas familias, a quen queremos agradecerlles a súa implicación na actividade.
Coa axuda do Departamento de Inglés, o alumnado de 3º da ESO fixo unha recopilación de receitas que posteriormente foi levada á práctica.
domingo, abril 22, 2018
Semana do Libro: A Idade Media
Nunha das primeiras reunións do equipo da biblioteca do presente curso, barallamos a posibilidade de dedicarlle o Día do Libro (23 de abril) á Idade Media. Os motivos foron moitos (a posibilidade de traballar este período histórico dende moitos ámbitos, a riqueza literaria, ...), así que puxémonos mans á obra, como se di habitualmente, e o resultado foi a Semana do Libro, un traballo multidisciplinar do que iremos dando conta ao longo dos vindeiros días.
Dende aquí queremos agradecer a todos (alumnos e profesores) a axuda proporcionada para poder organizar e materializar este proxecto en todas as actividades.
domingo, enero 21, 2018
Clubs de lectura
Dende a nosa biblioteca consideramos que un dos mellores xeitos de achegarnos aos libros é mediante os clubs de lectura. Constitúen foros de debate nos que os lectores poden intercambiar opinións sobre as súas historias preferidas.
Actualmente contamos con catro seccións:
- "A terrorífica aventura de ler".
- " O mundo da fantasía".
- " Taller de lectura dramática".
- " Ciclo Superior Xestión de Vendas e Espazos comerciais".
Deixamos aquí algunhas das opinións dos integrantes de " O mundo da fantasía" sobre a primeira lectura, O hobbit de J.R.R. Tolkien.
"O que máis de gustou do libro foi que me resultou moi fácil de ler, xa que a min encántame a fantasía e todas as historias relacionadas".
" O que máis me gustou deste libro foi que se demostra como se poden conseguir as cousas con esforzo, por iso Bilbo é a miña personaxe favorita".
martes, diciembre 12, 2017
Agasalla lecturas
Como podemos sorprender a amigos e familiares nestas datas tan sinaladas ? Por que non agasallar lecturas? Probablemente sexa un dos mellores presentes que alguén nos poida facer.
Na nosa biblioteca temos unha morea de propostas así que non tedes máis que achegarvos a ela, elixir o libro e indicar a quen llo queredes regalar. Irá envolto en papel de regalo e sorprenderá gratamente ao destinatario, iso é seguro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



























