viernes, enero 09, 2026

CONTRA A MASACRE DO POBO PALESTINO


A partir da celebración o día 30 de xaneiro do Día Escolar da Non- violencia e a Paz imos desenvolver unha serie de actividades reivindicativas para dar a coñecer a situación do pobo Palestino en Gaza nestes días e singularmente a súa repercusión na vida de miles de nenos e nenas. Máis alá do que imos vendo nas noticias cada día, chegounos a lista de 20 000 nenos e nenas palestinos mortos polas represalias do goberno de Israel tras o terrible atentado de Hamas de outubro de 2023. Esta abrumadora cifra de mortos interpelounos cando pensamos na celebración do día da non-violencia e deu lugar á serie de actividades que propoñemos.

📚 En que podes participar?

  1. Obradoiro de Tatreez
  2. Acción de protesta pola morte de miles de nenos en Gaza: En colaboración con outros centros escolares e co Concello de Silleda, faremos unha acción simbólica escribindo os nomes que poidamos dos 20 000 nenos e nenas mortos en Gaza desde outubro de 2023.  
  3. Fito de conmemoración. Plantaremos no noso centro un ciprés e o acompañaremos dunha placa memorial contra a impunidade destes crimes de xenocidio.








Para a acción dos nomes precisamos que traiades sabas para facer as tiras en que imos escribilos.







No hay comentarios: