OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA
CON CHEMA GÓMEZ DE LORA
Un ano máis veu acompañarnos Chema Gómez de Lora para facer un obradoiro de escritura co alumnado de 1º da ESO.
A través de diversos exercicios de escrita en pequenos formatos marcadas polo sorprendente e orixinal de cada proposta, o alumnado afondou nas súas capacidades de creación dunha forma lúdica e amena.
Chema Gómez de Lora ten unha dilatada traxectoria como autor literario e teatral, docente e dinamizador de actividades vinculadas á arte dramática e á escritura.
Ao remate do obradoiro os alumnos e alumnas enviaron a súa última creación en forma de relato para que se elixise a peza gañadora, premiada co tradicional chupa-chups XXL.


No hay comentarios:
Publicar un comentario