23/6/11

Agasallos


Sempre é agradable recibir agasallos. Neste caso os gañadores do concurso Deseña un ex libris ( Alejandro Órrea, Raquel Bibián e Verónica Ríos, de 4º de ESO) queren que os seus permanezan na nosa biblioteca e deciden obsequiarnos con tres libros,como podedes ver nas fotografías que aparecen a continuación. Dende a biblioteca queremos felicitalos por gañar o concurso e darlles as grazas por este xesto.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a axuda do Departamento de Plástica nesta actividade.

No hay comentarios:

LinkWithin