Ao igual que no curso pasado, serán os vosos votos os que decidan as obras sobre as que debatiremos nas reunións.
Esta é a nosa primeira proposta :
. La leyenda del rey errante de Laura Gallego García. "Hubo una vez una época, antes de Mahoma y el islam, en que Arabia fue tierra de misterio y leyenda". Así comeza esta obra que trata sobre a poesía, o destino, o amor... Dúas personas moi distintas , Walid e Hammad, entran en contacto, e, a medida que vai avanzando o relato, sentímonos atrapados por esta historia, ambientada noutra época .
. La selva prohibida de Heinz Delam. Cóntanos a historia de Kabindji, un rapaz africano que parece non encaixar na súa tribu e ao que todos tratan de xeito diferente. Sen embargo, é unha persoa que se desenvolve perfectamente na selva : "Hasta el más pequeño detalle podía servir: una ramita partida, un ínfimo residuo de barro, algunas briznas de hierba aplastada...; nada escapaba al análisis de sus ojos expertos." (Páx.81). Por outra banda, ademais de aventuras, hai un misterio sobre a súa vida que tentará resolver.
. Polos mares do Sur de Jack London. Recolle unha serie de relatos ambientados na Polinesia, por onde viaxou durante os anos 1907-1909. Son historias de aventuras onde se mestura a violencia, a acción e as forzas da natureza. Algunhas dos contos que aparecen no libro son A casa de Mapuhi ou O dente da balea.
Agora so tedes que votar e elixir a lectura que será a primeira do noso club de lectura.
9 comentarios:
La leyenda del Rey Errante
Polos mares do sur
Polos mares do sur
La selva prohibida
La selva prohibida
La leyenda del Rey Errante.
La leyenda del rey errante
La leyenda del rey errante
Os catro votos recibidos convirten a "La leyenda del rey errante" no primeiro dos libros que comentaremos en Calamus este curso.
Publicar un comentario