19/1/10

Club de lectura Calamus:Primeira proposta

Tal e como anunciabamos hai uns días Calamus volve facer acto de presencia para compartir experiencias lectoras cos membros do club. Neste curso imos facer a nosa selección de obras tendo moi presente os Cadernos de viaxe de Hora de ler.

Ao igual que no curso pasado, serán os vosos votos os que decidan as obras sobre as que debatiremos nas reunións.

Esta é a nosa primeira proposta :

. La leyenda del rey errante de Laura Gallego García. "Hubo una vez una época, antes de Mahoma y el islam, en que Arabia fue tierra de misterio y leyenda". Así comeza esta obra que trata sobre a poesía, o destino, o amor... Dúas personas moi distintas , Walid e Hammad, entran en contacto, e, a medida que vai avanzando o relato, sentímonos atrapados por esta historia, ambientada noutra época .

. La selva prohibida de Heinz Delam. Cóntanos a historia de Kabindji, un rapaz africano que parece non encaixar na súa tribu e ao que todos tratan de xeito diferente. Sen embargo, é unha persoa que se desenvolve perfectamente na selva : "Hasta el más pequeño detalle podía servir: una ramita partida, un ínfimo residuo de barro, algunas briznas de hierba aplastada...; nada escapaba al análisis de sus ojos expertos." (Páx.81). Por outra banda, ademais de aventuras, hai un misterio sobre a súa vida que tentará resolver.


. Polos mares do Sur de Jack London. Recolle unha serie de relatos ambientados na Polinesia, por onde viaxou durante os anos 1907-1909. Son historias de aventuras onde se mestura a violencia, a acción e as forzas da natureza. Algunhas dos contos que aparecen no libro son A casa de Mapuhi ou O dente da balea.


Agora so tedes que votar e elixir a lectura que será a primeira do noso club de lectura.

9 comentarios:

Alismar dijo...

La leyenda del Rey Errante

Lorena dijo...

Polos mares do sur

Anónimo dijo...

Polos mares do sur

Elen.Na !! dijo...

La selva prohibida

Esteban Gerpe dijo...

La selva prohibida

Bea. dijo...

La leyenda del Rey Errante.

Anónimo dijo...

La leyenda del rey errante

Sabela dijo...

La leyenda del rey errante

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Os catro votos recibidos convirten a "La leyenda del rey errante" no primeiro dos libros que comentaremos en Calamus este curso.

LinkWithin