Nesta obra lévase a cabo a investigación dun crime no Auditorio Nacional de Madrid. A concertista Ane Larrazábal é asasinada e Raúl Pérdomo faise cargo da investigación policial. Por outra banda, tamén desaparece o seu Stradivarius, dun valor incalculable, e sobre o cal semella que recae unha particular maldición porque todos aqueles que se relacionan con el rematan perdendo a vida.
O libro está cheo de referencias musicais e Gregorio, o fillo de Perdomo, instrúe ao seu pai antes de entrar ao concerto e disfruta coñecendo a outros músicos cos que poder aprender.
Creo que nesta obra hai cuestións mellorables, como a intriga, ou o feito de que unha das persoaxes, Milagros, sexa unha médium que logre de xeito extrasensorial dar cunha importante pista para a resolución do caso (non resulta crible).
- Título : El violín del diablo.
- Autor : Joseph Gelinek.
- Editorial Plaza y Janés, 425 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario