Na semana do 20 ao 24 de abril e para conmemorar o Día do Libro, realizamos unha exposición no centro co título de "Revisando aos clásicos". No díptico que entregamos aparecían oito cuestións. Aquí tedes as solucións dunha parte das actividades.
.1 .- TALLER DE ENCUADERNACIÓN.
O día 1 de abril os alumnos de 3ºC recibiron un curso práctico sobre encuadernación, impartido polo servicio de encuadernadoras da librería COUCEIRO. Pretendemos que esta experiencia serva de motor para encuadernacións posteriores.
PREGUNTA: Cita algunha parte dun libro.
RESPOSTA: O lombo, a portada, os nervios, as puntas ou cantoneiras, o peche...
. 2 .- RETRATOS DE CLÁSICOS.
Exposición de retratos de escritores clásicos enmarcados polos profesores e alumnos de Plástica.
PREGUNTA: Identifica algunha imaxe que aparece na portada e contraportada do díptico.

RESPOSTA : Molière, Valle-Inclán, O. Wilde, F. García Lorca, E. Allan Poe, M. Curros Enríquez...
. 3 .- RELACIONAR TEXTOS COAS OBRAS DE AUTORES CLÁSICOS.
Nos paneis do hall se expoñen fragmentos de obras clásicas moi coñecidas e o alumnado ten que relacionar o texto coa obra e o seu autor.
RESPOSTA: A Tartufo de Molière.
. 4 .- OS SOPORTES DA ESCRITURA.
O Departamento de Clásicas expón a historia da escritura e os seus soportes ao longo da historia.
PREGUNTA : Cal foi a Biblioteca máis famosa da Antigüidade?
RESPOSTA : A Biblioteca de Alexandría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario