" A tía Ádega vive nunha casa pequerrecha, sempre ben encaleada, cunha balconeta de madeira entre dúas fiestras xemelas e unha porta de dúas follas. A casa ten fisonomía de moneco, con ollos, nariz e boca, e logo un caparuchete de tellas na cabeza. Cando a tía Ádega cerra unha fiestra, a casa chisca un ollo.
Dentro todo está fregadiño de sábado, co chan estrado de area do mar ben peneirada. No apousento de recebir loce o sofá de de respeto con funda de lenzo cru marcado cunha gran letra vermella bordada a punto de cruz."
. Preguntas : Quen escribiu o texto? A que obra pertence?
. Pista : O autor naceu en Rianxo.
4 comentarios:
CASTELAO-OBRA: OS DOUS DE SEMPRE
CASTELAO-OBRA: OS DOUS DE SEMPRE
o seu autor é Castelao, do seu libro "Os dous de sempre" .
De Damian de 2o bh
As vosas respostas son correctas. A vindeira semana teredes un pequeno agasallo da Biblioteca. Grazas pola vosa participación.
Publicar un comentario