No mes de febreiro levamos a cabo unha actividade titulada "Palabras de Amor" (ver post do 19/02/09). Esta iniciativa foi moi ben acollida entre o alumnado, que demandou máis libros, e participou no proxecto. O texto elixido pertence a Os vellos non deben de namorarse de Castelao e a alumna gañadora é Tania Nogueira, de 4º ESO-B, que recibirá o correspondente agasallo da Biblioteca nos vindeiros días. 

Tal e como comentabamos cando deseñamos a actividade, o fragmento seleccionado ocupará un lugar destacado na Biblioteca ( non tardará en ser exposto).
" Dáme alento das túas palabras,
dáme celme do teu corazón,
dáme lume cas túas miradas
dáme a vida co teu doce amor ."
2 comentarios:
Moitísimas gracias polo voso agasallo. En breve cumpriremos coas regras do premio. Noraboa tamén pola vosa selección como finalistas de Edublogs
Moitas grazas a vos. Pensei que borrara o comentario que enviastes, pero vexo que estaba no outro post.
Saúdos dende Silleda.
Publicar un comentario