O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora e a Biblioteca quere colaborar dalgún xeito con esta importante celebración. Somos conscientes de que aínda queda moito por facer, pero tamén de que foi moito o que se acadou ata o momento e non debemos esquecer o traballo de todas aquelas mulleres que o fixeron posible.
A Biblioteca do IES Pintor Colmeiro propón a seguinte actividade: facer unha redacción sobre a historia dunha muller ficticia ou real que serva de exemplo para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Unha vez que a teñas feita, deposita a túa redacción no buzón situado no hall do instituto e non esquezas que haberá importantes premios. O prazo remata o 13 de marzo.
Lembramos que na biblioteca tes unha morea de libros escritos e protagonizados por mulleres que seguramente te sorprenderán. Para facilitarche o traballo xa fixemos unha selección de historias. Agora só falta que as escoites ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario