Nesta película de Sam Mendes cóntasenos , sobre todo, a vida dunha xoven parella que chega a Revolutionary Road nos anos 50 na procura dunha casa. Tras mercala, Frank continúa co seu traballo anodino na mesma compañía na que xa traballara o seu pai, mentres April, a súa muller, que non tivo sorte como actriz, ocúpase da casa e dos fillos. A súa existencia está marcada pola monotonía e a insatisfacción. Ela quere vivir doutro xeito, mentres el lle da voltas na cabeza a unha proposta laboral que lle permitiría ascender de categoría e aumentar os seus ingresos. Nun determinado momento deciden marchar a Paris porque é unha cidade "que está viva" e alí poderían escapar dese mundo limitado no que transcorre a súa existencia. A súa relación de parella complícase por momentos e as discusións e os desencontros son continuos.
Hai un personaxe na película, o fillo da persoa que lles vendeu a casa, que, a pesar dos seus problemas mentais, sempre da no clavo cos seus comentarios. Nunha das esceas, Frank (Leonardo di Caprio, que fai un bo traballo nesta película) monta en cólera porque as súas apreciacións non lle fan ningunha gracia, sen embargo correspóndense exactamente coa realidade.
Kate Winslet representa a unha muller atormentada que "non pode quedarse nin marchar" , tal e como recoñece nunha conversa cun veciño e confidente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario