Cheguei a este libro a través dunha recomendación do programa Pagina2 (http://pagina2.rtve.es/) , unha estupenda forma de estar ó día en Literatura, Cine... , e a verdade é que non me defraudou. Na obra, ambientada a finais do século XIX, suceden varias historias, moitas delas co telón de fondo do amor e centradas no tempo, máis ben, no paso do tempo e na hipotética idea de cambiar o rumbo da nosa existencia a través del.
A obra comeza en 1896, cando Andrew Harrington, a piques de suicidarse polo sentimento de culpa que o atormenta, ten a posibilidade de voltar a 1888 para cambiar a súa vida e enfrontarse definitivamente a ela.
A segunda historia, protagonizada por Claire Haggerty, permite viaxar cara ó futuro, gracias á empresa Viaxes Temporais Murray, que, por un módico precio, ofrece unha viaxe ó ano 2000.
Na terceira parte que, na miña opinión, é algo confusa e na que se percibe un cambio de ritmo narrativo se a comparamos coas anteriores, H.G.Wells, citado a miúdo na obra, e incluido nela como personaxe, reflexiona sobre o paso do tempo , as decisións que tomamos na vida e sobre as propias creacións literarias.
Os fíos do relato son movidos moi habilmente por un narrador que anticipa acontecementos, se dirixe ó lector e describe minuciosamente a conciencia dos personaxes. "Sí, ya sé que al empezar esta historia les he anunciado la aparición de una prodigiosa máquina del tiempo, y les aseguro que aparecerá, incluso tendremos valientes exploradores y feroces tribus indígenas, imprescindibles en cualquier novela de aventuras. Pero todo eso llegará a su debido tiempo" (páx.66).
- El mapa del tiempo.
- Autor : Félix J.Palma.
- Editorial Algaida, 622 páginas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario