Se queredes aportar o voso gran de area pola Paz , tedes a oportunidade de participar en diferentes actividades organizadas pola Biblioteca.
. Os alumnos do 1º ciclo da ESO poderán poñer a proba as súas dotes como futuros escritores na actividade que leva por título Xogando cos clásicos. Partindo dun texto inicial, deberán continuar a historia. O tema será a Paz, por suposto, e os textos poderanse facer en galego ou en castelán. Cada titor repartirá as frases iniciais dos relatos.. Os alumnos do 2º ciclo da ESO poderán participar cun Microrrelato que teña como moito cen palabras. O formato do texto pode ser variado : un poema, un artigo xornalístico, unha carta, un diálogo, unha entrevista...
. Os alumnos de Bacharelato poderán participar elaborando un caligrama (un poema visual no que as palabras "debuxan"
ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera outro obxecto).
ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera outro obxecto). . A data tope para entregar os traballos será o 26 de xaneiro.
. Haberá premios para os mellores.
. Os textos entregaranse na Biblioteca.
. Animádevos a participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario