30/1/09

Día da Paz

Hoxe quixemos lembrar no noso centro a importancia do Día da Paz. Á entrada do instituto organizamos unha exposición con todo o material elaborado durante este mes : os traballos feitos polos alumnos ( caligramas, posters, relatos que partían dun texto clásico e había que continuar...) Engadimos tamén un mapamundi no que estaban sinalados con gomets aqueles países nos que hai conflictos bélicos, pombas unidas e rematadas con pequenas carpetas de cartulina na que aparecía información sobre Premios Nobel da Paz, un puzzle que había que reconstruir, unha urna chea de papeis con propostas para este día ( había que coller unha e cumplila, claro está)... Varios dos alumnos do centro leron textos sobre o Día da Paz ( unha reflexión sobre este día, algúns poemas...) e tamén puidemos escoitar durante os recreos as cancións que foron aparecendo no blog da biblioteca ó longo deste mes.
A biblioteca quere agradecer todo o traballo levado a cabo por alumnos e profesores e espera que esta data sirva para concienciarnos da importancia da Paz nas nosas vidas.

No hay comentarios:

LinkWithin