A soidade, o mundo da infancia e da preadolescencia, a incomunicación, a tenrura...son temas presentes nesta obra de Ana Mª Matute (Barcelona, 1925). Hai tamén unha parte importante de autobiografía, porque Adri é en realidade Ana Mª Matute, cos seus medos e a súa imaxinación. É ela a que busca o cariño dos demais, as caricias da súa nai e a vida que ela quere vivir, a carón de Gavi, de Eduarda, das Tatas, , lonxe da existencia acomodada e superficial da súa familia.
Ó longo da obra percibimos unha fronteira entre o seu mundo e o dos "Xigantes", ó que ela se resiste a pertencer.
"Aquella primera sensación de "nosotros" y "ellos" me persiguió aún durante mucho tiempo; y aún hoy me asalta de cuando en cuando, devolviéndome sombras que acaso no desaparezcan jamás de mi memoria. Tal vez la infancia es más larga que la vida ." ( páxina 66).
- Paraíso inhabitado de Ana Mª Matute
- Editorial Destino, 396 páxinas.
1 comentario:
Todo comeza nos libros.
Nos empregamos a letra doutro dos grandes, Álvaro Cunqueiro, para a banda sonora do primeiro filme rodado e difundido exclusivamente en lingua galega: Pradolongo.
Unha aperta.
PD: xa saiu o dvd e o bluray por se vos falta algún agasallo para estas festas ;D
Publicar un comentario