Este ano 2008 que está xa na súa recta final foi o Ano Internacional do Planeta Terra. É crucial coidar o noso entorno para ter unha boa calidade de vida e conseguir unha utilización racional dos recursos naturais para que tanto nos como as xeracións futuras poidamos continuar coa nosa vida. En definitiva, dependemos da Terra , así que é tarea de todos conservala.
Parécenos interesante aportar unha serie de datos para que reflexionemos e tomemos conciencia do que se fixo ata o de agora e do que podemos facer no futuro :
- Deforestación e erosión en aumento.
- Destrucción da diversidade vexetal.
- Ritmo máis lento na extinción de vertebrados terrestres e mariños causada por humanos.
- Desaceleración das emisións de xofre e chumbo.
- Crecemento dos bosques en Suecia, Xapón, NE de EE.UU...
Houbo datos moi negativos pero tamén acadáronse melloras.
O desenrolo sostible está nas nosas mans.
. Fonte consultada : "La Voz de Galicia" (17 de decembro do 2008, la voz de la escuela ).
No hay comentarios:
Publicar un comentario