jueves, diciembre 11, 2008

Actividades relacionadas co medio ambiente



. Coincidindo coa celebración do Día dos Dereitos Humanos, a facultade de Filosofía de Santiago de Compostela está a organizar unha serie de actividades que levan por título Dos Dereitos Humanos aos Dereitos dos Animais. Así, o xoves 18 de decembro, no salón de actos proxectarase a película EARTHLINGS- Moradores da terra.




. O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) convoca dous premios relacionados co medio ambiente : o Premio Chapapote e o Premio Carballo. Trátase de valorar cales foron os feitos ou accións ó longo deste ano que repercutiron positiva ou negativamente no medio ambiente, nos animais ou plantas. As propostas deben enviarse coa referencia "Premios Medio Ambiente - CXG" a info@cxg.org


. O día 20 de decembro remata o prazo para participar no I Certame de Relatos Curtos "Amigos para sempre". Para ler as bases podedes consultar a páxina do CXG http://www.cxg.org/

No hay comentarios: