O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Ó igual que o curso pasado, o noso centro levará a cabo unha serie de actividades para tratar de achegar a biblioteca a toda a comunidade educativa , para facernos máis visibles e, sobre todo, para concienciarnos da importancia da lectura agora e no futuro. Porque un bo termómetro para medir a vida dun centro educativo é a súa biblioteca (os seus fondos documentais, o equipo que está detrás, as iniciativas que se emprenden...) o seu bo funcionamento, en definitiva, que depende de todos nos, non hai que esquecelo.
Estes días iniciais do curso xa estamos comezando a perfilar algunha idea para levar á práctica ó longo deste mes:
- O incremento de fondos nas bibliotecas de aula.
- A adquisición de novidades para a biblioteca.
- Os carnés lectores, que estarán dispoñibles a partir do mércores .
- As mochilas viaxeiras, que comezarán a funcionar nestes días ...
Iremos anunciando no blog cada unha das actividades e poñendo carteis para que todo o mundo estea informado e poida participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario