Para todos os blogueiros da biblioteca Pintor Colmeiro. Aquí tedes un novo desafío, tedes que adiviñar cal é o nome que corresponde a esta imaxe.
Podedes gañar importantes premios que recolleredes na biblioteca. Non vos esquezades de escribir o seu nome completo e a súa profesión.
Cada semana teredes unha pista. Velaí a primeira:
-É un gran viaxeiro, case un nómada.
Ánimo!
Ánimo!
4 comentarios:
Penso que se trata de Jean-Marie Gustave Le Clézio, escritor e tradutor, gañador do Premio Nobel de Literatura deste ano 2008.
Aínda que nons sei se dende Arzúa pódese participar ou estou estragandovos a entrada...
JEAN-MARIE GUSTAVE LE CLÈZIO, ESCRITOR FRANCO-MAURICIANO GAÑADOR DO PREMIO NOBEL DE LITERATURA EN 2008.
EVA FARES BORRAJO, 2ªD.
Noraboa,Eva! Efectivamente trátase do Premio Nobel de Literatura do ano 2008, Jean Marie Gustave Le Clèzio.Nos vindeiros días farémosche entrega do teu regalo.
Temos que dicir que houbo máis comentarios doutros centros, aínda que lóxicamente apareceu publicado en primeiro lugar o da alumna do noso instituto.
Publicar un comentario