martes, octubre 02, 2007

Maria Callas



O 16 de setembro cumpríronse trinta anos da morte da mítica soprano grega Maria Callas. Unha muller perseguida por múltiples complexos ao longo da súa vida (aspecto físico, filla non querida, muller non amada...) pero que conseguía que ninguén pestanexase en canto puña un pé no escenario.
Aínda que na nosa biblioteca non teñamos moito material sobre a Callas, si que poderedes acceder na rede a páxinas interesantes sobre a cantante grega. Pese a que aínda non apareza na Wikipedia galega, si que atoparás información na portuguesa, na castelá, na inglesa ou na francesa.
Propómosche que escoites "O mio babbino caro" (Meu querido papaíño), unha breve aria da ópera de Giacomo Puccini (quen estará de aniversario o próximo ano) Gianni Schicchi, na que Lauretta lle implora ao seu pai para que a deixe seguir adiante no seu amor por Rinuccio.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ola xa q este tema trata de musica e por iso q aproveito
pa pedirvos a todos un gran favor
entrade nesta pacxina
www.guiamusical.com e a marxe dereita poderes atopar varias fotos pikade na foto de anais la salvaje baby models
unha nena que con tan solo 8 anos sacara un cd con 12 cancions acompañado de un dvd con 12 videoclips


anais e unha rapaza que esta poñendo todo o seu empeño en esta faceta artistica

gracias por votar!!!