Na década do setenta, a aguda mirada dun profesor universitario de Bangladesh, Mohammad Yunus (Premio Nobel da Paz 2006), foi quen de non só detectar senón de deseñar un sistema alternativo a esta precaria situación de acceso ao crédito. Ese sistema é o que hoxe se coñece como o MICROCRÉDITO, que se basea no empréstamo de pequenas cantidades a persoas pobres que poden devolvelas en prazos pequenos.
O microcrédito non é unha panacea senón unha ferramenta que debe utlizarse en conxunto con outras intervencións de tipo social. Fornece as ferramentas para protexer, divesificar e incrementar as fontes de ingresos das persoas con baixos ingresos.
As institucións de microfinaciamento supuxeron unha revolución, porque demostraron que é posíbel prestar servizos financieiros ás persoas pobres, e que o sistema dos bancos tradicionais non cubre as necesidades destas persoas.
Varios estudos amosan que nun mundo no que a maior parte das persoas pobres son mulleres, o acceso aos servizos financieiros mellorou a súa condición social no seo da familia e a comunidade. As mulleres gañan seguridade e confianza en si mesmas.
Coñecedes o grupo U2? Seguro que si. O seu cantante Bono afirmou: “Dálle un peixe a un home e comerá un día. Dálle un microcrédito a unha muller e ela, o seu home, os seus fillos e fillas e a súa familia comerán toda a vida”
E ti, cavilaras algunha vez o que supón este sistema? Sabías que existía?
ONG en Galicia: http://www.implicadas.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario