O alumnado de 1º de Bacharelato estivo a traballar co profesor de Ética e Filosofía do Dereito a interculturalidade dende diversas frontes; unha delas é a que ten que ver co mundo dos filmes, un dos xeitos máis próximos para traballar estas cuestións. De toda unha lista de películas seleccionamos 5 que podes atopar na nosa/vosa Biblioteca.
- La boda del monzón da directora Mira Nair, (2001, India-EEUU-Francia-Italia). Acércase a romántica época do monzón e os membros da familia Verma chegan a Delhi dende todos os puntos do globo para asistir a unha voda concertada no último momento. Cinco historias interconectadas que exploran os distintos aspectos do amor e cruzan as fronteiras xeográficas, sociais, e morais na India contemporánea.
- Quiero ser como Beckham, comedia dirixida por G. Chadha, (2002, Reino Unido-Alemania), que nos conta a historia dunha rapaza de dezaoito anos, que non quere ser unha convencional muller india, como espera a súa familia.
- Flores de otro mundo. Esta premiada película de Icíar Bollaín, (España, 1999) resultará de gran axuda para entender o fenómeno do choque cultural e da inmigración na España actual. Pode servir para definir a nova situación migratoria (relación inmigración / emigración) do país e establecer as causas e as consecuencias.
- ¡Libertad!, de Don McBrearty (2004, EEUU), cóntanos o caso dunha ambiciosa avogada de Nova Iorque, Libby, quen acepta defender a Meena, unha xove refuxiada afgana que busca asilo político en América. Despois de conseguir escapar dos indescritibles horrores da súa controlada patria talibán, Meena chega a Estados Unidos vendo esnaquizados os seus soños de liberdade. Reflicte moi ben a situación da muller en Afganistán.
- Lost in translation, dirixida por Sofia Coppola, (EEUU 2003). Fainos reflexionar sobre como un pode sentirse moi só rodeado de millóns de persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario