Neste libro Fernando Marías cóntanos a historia de Joaquín Dechén e das súas tres Constanzas.
Joaquín, neno orfo, consegue facer realidade o seu soño, chegar a ser aviador e pilotar un avión de combate ao igual que os seus heroes de Plus Ultra.
No transcurso da axitada vida de Joaquín, que comeza na Guerra Civil Española, tópase con xente que o axuda moito, tales como o seu mestre de voo, Cortés, ou os seus hospedadores durante parte da Guerra Civil, a primeira Constanza e o seu marido Ramiro. Este personaxe tamén axuda especialmente a dúas persoas, á segunda Constanza, filla, e á terceira Constanza, neta.
Finalmente, no ano 2002, Joaquín decide rematar coa súa vida tal e como o debería facer un auténtico aviador.
Joaquín, neno orfo, consegue facer realidade o seu soño, chegar a ser aviador e pilotar un avión de combate ao igual que os seus heroes de Plus Ultra.
No transcurso da axitada vida de Joaquín, que comeza na Guerra Civil Española, tópase con xente que o axuda moito, tales como o seu mestre de voo, Cortés, ou os seus hospedadores durante parte da Guerra Civil, a primeira Constanza e o seu marido Ramiro. Este personaxe tamén axuda especialmente a dúas persoas, á segunda Constanza, filla, e á terceira Constanza, neta.
Finalmente, no ano 2002, Joaquín decide rematar coa súa vida tal e como o debería facer un auténtico aviador.
Recoméndovolo porque paréceme un libro moi interesante que nos recorda o pasado de España e do sufrimento que pasaron os combatentes na Guerra Civil.
Cielo Abajo
Fernando Marías
Ed. Anaya
12 comentarios:
A min non me gustou este libro porque trata da guerra civil. Ademais pareceume moi longo.
Pareceume un libro moi interesante, foi un dos poucos libros que me mandaron ler que en realidade me gustou. Falaba da guerra e situábanos nos tempos da guerra civil en España. Grazas a isto podemos saber como eran aqueles tempos e todo o que puideron sufrir os españois en dita guerra.
Gustoume bastante porque está referido sobre a guerra civil e conta moi ben os sucesos acontecidos.
Foi un libro que me gustou moito porque me verificou os coñecementos que tiña sobre o ocorrido durante a guerra civil española.Tamén me chamou a atención o amor que lle tiña Joaquín ás tres Constanzas.A verdade é que me gustou moito.
A mín gustoume este libro porque me informou e me aclarou sobre as dúbidas que tiña sobre a Guerra Civil Española, é moi interesante e moi fácil de ler, ademais é un libro moi entretido.
Pareceume un libro moi interesante xa que conta a historia da guerra civil española dunha forma moi interesante.
O narrador relata moi ben a hisoria dende os dous bandos que estivo.
o libro gustoume moito, xa que a min non me gustan os libros da guerra pero este é distinto, pois non só trata da guerra senón que tamén trata de cousas que me gustan.É moi interesante e sempre estás pensando o que pasará ao final.
Pareceume un bo libro, porque ademais de falarnos da Guerra Civíl, narra unha historia concreta, o que fai que sexa máis entretido e interesante para o lector
Este libro resultoume interesante porque narra a historia dun mozo orfo que consegue realizar o seu sono que era ser aviador e mentres o realiza vive varias aventuras e coñece o que foi o seu primeiro amor, non correspondido.
Gustoume este libro porque podes imaxinar como sería a vida naqueles tempos.Os acontecementos ocorridos fan do libro unha historia interesante e intrigante.
Este libro sitúanos de cheo na sanguiñenta guerra civil española dunha forma levadeira de ler e comprender. Considero que foi un bo punto de referencia para coñecer o noso escuro e, non tan lonxán como pensamos, pasado. ¿Quen pode falar de vitoria ou derrota lendo este libro? A guerra entre dúas ideoloxías deixa as pegadas da morte ao seu paso pero só poucos ollos ven a cada persoa que perece, que tiña a súa propia historia, que morreu e deixou de recordo o sofrimento a os do seu redor... É, certamente, a guerra non pode rematar doutro xeito que non sexa traxedia.
O libro de castelán gustoume bastante,ao lelo involucreime nesa época dalgún modo,e fíxome pensar na importancia do medo,pena e da catástrofe que causou en España a Guerra Civil española.Recomendaríao a toda a xente que lle guste ou non ler.
Publicar un comentario