As súas obras son O Siñor Afranio e Nidia; Non agardei por ninguén, O Naranxo e Era tempo de apandar. Convidámosvos a que as leades por saberdes máis dos vosos veciños e das atrocidades que supoñen as guerras, sexan cales sexan; coñeceredes moitos dos lugares que aparecen nestes libros, facéndoos máis importantes se cabe.
60 comentarios:
O libro: " O siñor Afranio" pareceume moi interesante porque nos conta cousas que ocurriron durante a guerra civil e que as descoñeciamos.
O libro é: "O siñor Afranio". Na miña opinión é interesante porque nos conta cousas que ocorreron en Galiza noutro tempo e que eran descoñecidas por min.
Na miña opinión o "Siñor Afranio", é un libro que me gustou porque nos conta a historia dun home que vivía en Cortegada e as súas loitas por sobrevivir durante a guerra civil.
"O siñor Afranio". Gustoume a historia porque conta a vida dun ilustre veciño e como logrou sobrevivir a persecución falanxista.
A nós este libro pareceunos moi interesante porque se basea na Gerra civil e no franquismo ensinándonos así as inquedanzas dos pobos durante esta etapa española. Dende aqui queremos facer un chamamento a todos aqueles que leades este comentario e animarvos a que leades o libro do silledense Antón Alonso Ríos.
O libro o "Siñor Afranio" por unha banda paréceme interesente porque cóntanos historias propias da nosa terra e do noso pasado pero a súa lectura, para o meu gusto, non me é nada amena e non engancha ao lector.
Lin o libro do Siñor Afranio. Pareceume que está ben, é interesante saber como alguén que fuxe da morte segura sobrevive durante tres anos.É aínda máis se é da nosa zona e conta como se viviu a guerra civil aquí.
O "Siñor Afranio" pareceume un libro bastante aceptábel dada a súa facilidade para lelo e a comprendelo. Pareceume unha historia boa a pesares do que contaba.
"Siñor Afranio" pareceme un libro interesante xa que aprendemos moitas cousas da nosa historia contadas dunha forma interesante.
"O Siñor Afranio" é un libro interesante, aínda que este tipo de novelas non me gusta. O que máis me chamou a atención foi a invención da súa nova identidade pora librarse da morte a mans dos falanxistas.
Eu lin "O Siñor Afranio". A pesar de que a primeira vista é un libro aburrido, polo tipo de historia que conta, co paso das páxinas imos vendo como a historia se desenrola nas nosas terras, e dálle máis emoción cando sabemos como un fuxitivo se escondeu polas terras do Deza e que finalmente deu fuxido con vida.
Eu lin o libro do "Siñor Afranio". O comezo deste libro resultoume interesante pola historia contada, xa que fala dun problema ocorrido na nosa zona,fala da nosa historia, pero máis tarde a súa lectura comezou, en certo modo a aburrirme porque resultaba un tanto trabada.
O libro o "O Siñor Afranio" pareceume moi interesante porque nos conta as causas que pasaron durante a Guerra Civil na nosa zona.
Lín este libro de Alonso Ríos E a verdade ó principio pareceume algo aburrido e un pouco rollo,pero ó ser unha historia que se desenrrola nestas terras, tan preto de nós parece que cada vez nacesitamos saber máis del, desa persoa fuxida que pasou toda a vida loitando por poder vivir.
"O siñor Afranio" foi un libro que me pareceu moi interesante, pois cóntanos o que sudedía en Galicia durante o franquismo, e grazas a este libro coñecemos o que lle pudo pasar aos nosos familiares en tempos pasados
Libro, O Siñor Afranio.
Trata sobre o que fixo Alonso Ríos para escapar das gadoupas dos falanxistas. A min paréceme que é moi interesante porque foi algo ocurrido na nosa terra, e foi o que lle sucedeu a moitos dos nosos principais escritores galegos.
O libro: "O Siñor Afranio" pareceume moi interesante xa que conta o que pasou en Galiza durante a guerra civil desde a perspectiva dun fuxido da ditadura franquista e das súas fazañas para fuxir durante tres anos da ditadura.
"O siñor afranio" é un libro interesante, xa que nos relata a historia da guerra civil dende o punto dun agrarista perseguido polo bando nacional, e de como conseguiu librarse de ser asasinado, polos seus perseguidores, como a maioria dos partidarios da república.
A min este libro gustoume, xa que axuda a entender a represión franquista en Galicia na pel dun que a viviu en primeira persoa.
A min gustoume bastante o libro, non porque fora moi bonito senón porque me impactou a fuxida de Alonso Ríos dos sublevados e a forma de vida da época.
Gustoume moito, xa que é un relato no que nos podemos sentir identificados xa que houbo moita xente que sufriu esta represión e máis vendo que todos os lugares que percorreu na súa fuxida son os nosos,aínda que ás veces foi complicado non perderse.Ademais gustoume aínda máis cando me enterei que Alonso Ríos pasara na súa fuxida pola casa duns amigos en Forcadela, nomedada no libro.
O libro Siñor Afranio é un libro moi interesante xa que relata os esforzos dun fuxido das mans dos vencedores da guerra civil, e cos atrancos cos que se atopa xa que toda a xente ten medo a axudalo. como se ve forzado a emigrar a Portugal para terminar marchando a Bos Aires.
O Siñor Afranio é un libro interesante xa que nos conta a fuxida de Alonso Ríos. O libro é escrito por el mesmo e vainos contando pouco a pouco o que tivo que pasar, os tres anos que tivo que andar fuxindo para que non o capturaran e o mataran. É unha forma de nos enterar do que pasou nesa época.
O libro O Siñor Afranio pareceume interesante, xa que axuda a abrir os ollos, a coñecer mellor o noso pasado e a darnos conta do que sufriu a nosa terra e a nosa xente durante a guerra civil. Penso que é un libro que debería ler todo o mundo para que se den conta do que en realidade pasou en Galiza nesa época.
O libro "O Siñor Afranio" está ben porque coñecemos a historia dunha persoa que escapou durante tres anos de vila en vila durante a Guerra Civil, e que viviu momentos moi duros da súa vida, aínda que a min non me gusta moito ler este tipo de libros.
"O Siñor Afranio"
Este libro para min reflicte o sufrimento e a represión exercida polas tropas falanxistas, a continua persecución dos agraristas e contrarios ao réxime franquista. Tamén recrea os eternos días, nos cales tivo que fuxir para evitar que o mataran.
O libro "O Siñor Afranio": ao empezar a lelo a historia faise algo aburrida e pouco interesante pero despois empeza a gustarche. O libro fala do que vai atopando Antón Alonso Ríos na súa fuxida durante a guerra civil española por Galicia e como consegue burlar ás autoridades daquela época sen que dean con el.
O libro ó empezar non me gustaba nada porque non o entendía moi ben, pero cando ía na metade da historia xa o entendín. Gustoume porque comenta con moitos detalles os lugares por onde vai pasando,e ademais comenta todos os nomes das persoas cas que se cruzou na súa viaxe.
O Siñor Afranio foi un libro que me pareceu moi interesante.Parecume moi duro o que tivo que pasar simplemente pola súa forma de pensar e polos seus ideais. É un libro que nos recorda o noso pasado e o que viviron os nosos antepasados.
O libro "O Siñor Afranio" trata da historia de un home galego en tempos franquistas. Para min foi moi interesante porque fala de lugares bastante coñecidos e próximos á nosa situación.
Pareceume un libro moi interesante, o que máis me gustou foi por onde andou,e as cousas que lle sucederon.
O libro pareceume bastante interesante. Fala de como era a vida noutros tempos que non vivimos pero que poden volver, da marabillosa idea que se lle ocorreu para que non o matasen, do difícil que lle foi a vida, etc.
O Siñor Afraino pareceume un libro pouco interesante, xa que a min fíxoseme un pouco aburrido, aínda que tampouuco estivo tam mal xa que fala da vida dun fuxido pero a min non me gustou.
Ó principio pareceume un libro bastante complicado de comprender. Despois xa fun comprendendo o que lle pasaba. Sosprendeume como se acordaba de todos os detalles e de todos os lugares por onde pasou.
Un libro moi interesante.
Este libro trata sobre o sufrimento de Antón Alonso Ríos,un fuxido que conta a historia de como se rispou das gadoupas da morte.
A min pareceume un libro interesante de cara a historia de Galicia, aínda que ao principio era difícil de entender despois introduce ao lector moi ben na historia. Neste libro o protagonista móstrase moi social co resto da xente e moi traballador.
É un bo relato xa que soubo enganar moi ben ás autoridades, e tamen relacionarse coa xente de forma qe non sospeitasen del.É un home cunha gran itelixencia, e con moi boa memoria.
O libro do Señor Aframio pareceume un libro interesante,pero se son sincera ao principio cando empecei a lelo volvinme atrás porque non o entendía moi ben, pero ao final lino e si que me gustou, o protagonista é moi intelixente ao facerse pasar por un mendigo para non ser descuberto, ademáis tiña moi boa memoria porque se acordaba de moitos nomes da xente. En conclusión, é moi interesante, sobre todo porque coñeces moitas cousas.
"O Siñor Aframio" non e un dos mellores libros que lin nin moito menos pero en certo modo é un excelente exemplo para explicar a represión franquista en Galicia mediante unha curiosa historia. Para ser dun escritor silledense esta bastante ben.
O libro do Siñor Afranio pareceume un libro bo aínda que eu prefiro outros pero este gustoume xa que tiña que escapar a todas horas e era un libro moi interesante por iso.
A min o Siñor Afranio gustoume porque ademais de embarcarte nunha aventura infórmate do que pasou na gerra civil; é un libro moi interesante e apaixonante, recomendo lelo.
O libro do "señor Afranio" conta como Alonso Ríos escapa das autoridades para salvar a súa vida e defender as súas ideas políticas.A primeira metade do libro é aburrida e non se entende ben pero despois xa te metes máis na historia.
O libro do Sinor Afranio é un libro imteresante aínda que en moitas partes do mesmo enróllase moito contando cousas e non se entende
O libro, en xeral, pareceume un pouco aburrido, pero ao pararme un pouco, capítulo por capítulo pareceume moi interesante saber como fuxía e todo o que tiña que facer para non ser visto e ser fusilado.
O principio do libro é un pouco lioso,pero segundo se vai desenvolvendo empeza a ser moito máis fácil de ler. En xeral pareceume un bo libro porque,a parte de que é interesante, creo que pode sensibilizar a xente sobre o sufrimento de ter que escapar por culpa das ideoloxías.
O libro gustoume e pareceume moi interesante,e aínda que non é o tipo de libro que máis me interesa e me mete no mundo da intriga,creo que nunca está mal saber sobre un escritor galego da túa mesma vila.
A min paréceme que o libro está bastante ben porque conta a historia de Galicia e o que tiveron que pasar as persoas que vivían nesa época pero pareceume un pouco difícil de entender.
O libro do señor Afranio non foi o que máis me gustou dos que levo lido ata estes días pero tampouco foi dos peores. Baixo o meu punto de vista foi máis entretido a partir da metade do libro.
O señor Afraño pareceume un libro moi interesante porque conta historias que pasaron non moi lonxe de aquí, por iso pareceume curioso non ter oído falar nada del antes, xa que ese tipo de historias son as que máis me gustan por eso me apaixonou tanto este libro.
Este libro segundo o meu punto de vista é unha boa maneira de ensinarnos como vivía unha persoa desas caraterísticas durante o réxime de Franco. A min ensinoume bastante sobre este tema e pareceume unha boa forma de aprendelo
Pareceume un libro moi interesante, xa que narra como Antón Alonso Ríos logra fuxir e burlar as autoridades durante máis de tres anos, ademais de ser un importante libro para a historia de Glicia.
pareceume un bo libro para ensinar as dificultades que tiñan os nosos ancestros e moitos de nosos avós, como se gañaban a vida as xentes que escapaban do réxime franquista e como as xentes axudaban a escondelos nas súas casas arriscando as súas vidas.
O libro pareceume moi bonito. É interesante ler libros sobre o teu país, e sobre todo se son sobre a súa vida. Así podes ver as cousas que tiñan que facer antes para poder vivir.
O Siñor Afranio pareceume un libro moi interesante, gústame como conta as historias que el viviu en primeira persoa e foron moi duras, agora grazas a este libro podemos saber como o pasaron algunhas persoas de aquela época.
A min personalmente o libro gustoume moito porque creo que agora mesmo existen poucos libros tan interesantes.
Eu son unha rapaza á que non lle gustan moito ese tema da guerra e todo iso, pero en cambio, o libro gustoume moito, aínda que o contido é algo difícil de ler, pero unha vez que empezas xa queres saber como acaba, e todo isto está moi ben, pois fálache de moitos sitios que algúns coñecemos, e chámache moito a atención que se falen deles nun libro.
Este libro trata dun señor que tivo que usar o nome de Afranio para risparse das gadoupas da morte.Foi moi astuto xa que estivo escondido 3 anos e non o descubriron.Gustoume moito porque así sei máis cousas daquela época.
Pareceume un libro moi interesante, pois o protagonista era moi intelixente, xa que logrou escapar e librarse da morte.
Tamén me gustou porque era un libro dun escritor silledense, pois era o primeiro libro que lía dunha persoa de Silleda.
Eu creo que un libro bastante interesante debido á súa realidade.
O libro foi unha gran ventá aberta ao pasado. Grazas a el comprendemos o sufrimento dos nosos antecesores deste mesmo lugar. A continua loita por seguir con vida amósanos que por moi caóticos que fosen os tempos, a esperanza é o último que se perde. A persoa do señor Afranio é o modelo de esperanza e coraxe a seguir.
Publicar un comentario