30/10/09

Visita de Anxo Fariña

Onte pola tarde visitounos Anxo Fariña, o autor dos Megatoxos. Había certa expectación entre o alumnado de 1º de ESO e a verdade é que a todos nos soubo a pouco. A charla resultou moi amena e instructiva, porque ademais de explicarnos o proceso de creación de imaxes (máis laborioso do que poida parecer nun primeiro momento), tamén puidemos crear microrrelatos a partir das súas suxerencias.


Dounos bos consellos á hora de escribir, por exemplo, comezar polo máis simple, partindo de historias curtas e salientou a importancia das persoaxes.

Falounos tamén dos seus libros, sobre todo da última historia (Os Megatoxos e os templarios da luz).
Fíxonos un estupendo agasallo que lle agradecemos e esperamos ter outra oportunidade para poder compartir as súas historias.

Se queredes poñervos en contacto co autor, compartir os vosos comentarios sobre as lecturas con outras persoas... deixamos aquí o seguinte enlace http://megatoxos.blogspot.com/






No hay comentarios:

LinkWithin