31/1/08

Antroido con sorpresa


Nestes días de festa que temos por diante, a Biblioteca quere lembrarvos que sería unha boa ocasión para non perder os bos hábitos e procurarnos algunhas lecturas, CD´s, DVD´s ... e facer máis levadeiras estas datas, agora que podemos contar con algo de tempo libre.
Por certo, o venres, Diego e os alumnos do Ciclo de actividades, téñennos reservada unha pequena sorpresa. Aproveitamos a ocasión para agradecerlles o seu entusiasmo e convidarvos a todos a que participedes na súa proposta. Aí van unhas cantas pistas:
  • É bastante útil.
  • É ecolóxico.
  • Permítenos facer exercicio físico.
  • Achéganos a cultura.

O dito, ata o venres!

27/1/08

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Algún preguntarase o motivo de que fose precisamente esta data a elixida para esta conmemoración. A explicación é a seguinte : o asasinato de "Mahatma" Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, a mans dun extremista hindú.

A biblioteca quere lembrarvos a importancia deste día e invitarvos a que participedes nas actividades xurdidas en torno a esta data.

Para comezar podedes ir lendo estes versos de Blas de Otero (1916-1979). Seguro que a todos farannos pensar.

" A la inmensa mayoría"


Aquí tenéis, en canto y alma, al hombre

aquel que amó, vivió, murió por dentro

y un buen día bajó a la calle: entonces

comprendió: y rompió todos sus versos.


Así es, así fue. Salió una noche

echando espuma por los ojos, ebrio

de amor, huyendo sin saber adónde:

a donde el aire no apestase a muerto.


Tiendas de paz, brizados pabellones,

eran sus brazos, como llama al viento;

olas de sangre contra el pecho, enormes

olas de odio, ved, por todo el cuerpo.


¡Aquí!¡Llegad!¡Ay!Ángeles atroces

en vuelo horizontal cruzan el cielo;

horribles peces de metal recorren

las espaldas del mar, de puerto a puerto.


Yo doy todos mis versos por un hombre

en paz. Aquí tenéis, en carne y hueso,

mi última voluntad. Bilbao, a once

de abril, cincuenta y uno.

18/1/08

Susan Eloise Hinton

susan-eloise-hinton.jpgPara o mes de xaneiro, no Club de Lectura "Fahrenheit 451" escollemos a novela de Susan Eloise Hinton, A Lei da rúa. S.E. Hinton naceu en Tulsa, no Estado de Oklahoma, no medio dos Estados Unidos. É unha das mellores escritoras de literatura xuvenil.

A Susan gustáballe moito ler cando estaba no instituto pero non había moitos libros interesantes para a xente nova, non existía a que agora chamamos “literatura xuvenil”. Por iso, cando tiña dezasete anos púxose a escribir o libro que lle gustaría ter lido, un libro que falase das cousas que pasaban ao seu redor, cunha linguaxe que fose a que usaban os seus amigos. Trátase de The Outsiders (Rebeldes), que foi un grande éxito.

Con todo, o seu nome aparecía normalmente coas iniciais S.E. Hinton para que os críticos non souberan que era unha rapaza. En 1975 publica Rumble Fish (A lei da rúa), que tivo o mesmo éxito ca Rebeldes. Ten unha temática semellante á de Rebeldes: os problemas aos que se enfrontan os mozos nun ambiente de precariedade socioeconómica, a delincuencia xuvenil, a cultura das bandas…

Tanto Rebeldes coma A Lei da rúa teñen como protagonistas a mozos adolescentes. A mocidade nos Estados Unidos dos anos 50 e 60 tiña moitos dos problemas que se pode ter hoxe en día pero non eran tema de interese literario. Pero pronto moitos escritores e guionistas decatáronse de que a temática xuvenil era o que atraía aos mozos ao cine. Así foi como moitos libros e películas comezaron a explotar esta temática.

9/1/08

Cálamo inicia o seu percorrido literario


Tal e como anunciabamos antes das vacacións de Nadal, Cálamo inicia o seu percorrido pola literatura contemporánea da man dun dos grandes autores actuais: Gabriel García Márquez e a súa obra "El amor en los tiempos del cólera". Esperamos que todos tivesedes tempo de lela nestas datas e lembrámosvos que a primeira cita do club será o vindeiro martes, 15 de xaneiro, na biblioteca, ás catro da tarde.

Para resistir


Unha novela galega, amor e política mesturadas para coñecer mellor a recente historia de Portugal.
Ofrecemos un adianto:

"Dinís remataba as xornadas co pulso dorido de tanto escribir da súa propia letra frases e máis frases de amor e promesas bonitas, felices, estrañamente felices en tempo de guerra. A esperanza de que os aerogramas non fosen censurados pola PIDE ou polo Servicio Postal Militar (SPM) dáballe azos para continuar vivo. Dinís sentía que aturaba por Filipa como razón de futuro, como luz que o guiaba e, mesmo no extraordinario da situación bélica, tivo medio da obsesión que o embargaba."

Ficha:
Aneiros, Rosa
Resistencia
Xerais, 2002.

2/1/08

Recomendaciones de una lectora


Diario de una buena vecina de Doris Lessing.

¿Qué lleva a una mujer de casi cincuenta años a querer a otra mucho mayor que ella y a no poder prescindir de su presencia? ¿Por qué cuándo parece que lo tenemos todo en la vida conocemos a alguien tan especial como Maudie y de repente cambia toda nuestra escala de valores? Estas preguntas y otras muchas se plantean en este libro cuya lectura (seguro) nos hará pensar en la vejez, la pobreza, la soledad, el trabajo, la amistad, la familia y, sobre todo, el amor.

Recomendaciones de una lectora


Divorcio en Buda de Sándor Márai

Recomiendo la lectura de este libro por varios motivos. El primero de ellos es por hacernos pensar en todas aquellas situaciones de nuestra vida que pudieron haber sido de una manera (quizás la correcta) pero fueron de otra. El segundo es por enfrentarnos a nosotros mismos de un modo valiente y la tercera razón que me lleva a recomendar la lectura de esta obra es el análisis de los sentimientos de los personajes ( dos hombres y una mujer, relacionados en el tiempo y en el espacio por esas "casualidades" de la vida ).

Lembramos a lectura que temos pendente


Xa estades rematando de lelo?

Doris Lessing 2


A obra de Doris Lessing ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común.
En 1956, coñecidas as súas críticas constantes e implacábeis, prohibíuselle a estancia en toda África do Sur e Rhodesia especialmente.
En 1962 publica a súa novela máis coñecida, "O caderno dourado", que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.
En 1995, con 76 anos, regresou a Sudáfrica para visitar á súa filla e aos seus netos e dar a coñecer a súa autobiografía. Ironías da historia, foi acollida cos brazos abertos, cando os temas que ela tratara nas súas obras foran a causa da súa expulsión do país corenta anos atrás.
Autora de máis de corenta obras, e soada desde a aparición, en 1950, do seu primeiro libro "Vencida pola sabana" (Vaincue par la brousse), é considerada unha escritora comprometida coas ideas liberais, a pesar de que ela nunca quixo dar ningunha mensaxe política na súa obra.
Doris Lessing, moi ao seu pesar, foi a icona das causas marxistas, anticolonialistas, anti-segregacionistas e feministas.
En 2007 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa «capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria»

Felices libros novos!!


Un ano novo. Unha estupenda oportunidade para encher de luz e aventuras a soidade máis desexada: ese momento no que só estamos o libro e máis eu.
Boas letras e grandes ideas para todos!!

LinkWithin