5/8/08

Poemas sobre o mar (6)

Neste repaso literario que estamos facendo este verán , seleccionamos hoxe este poema de Xohana Torres do seu libro Estacións ao mar ( 1980).

Primeiro foi o mar
dempois a pedra.
C.E. Ferreiro

Primeiro foi o mar, dempois a pedra.
¿Que quedará de nós?...Unha espuma levísima,
fado de Amalia para unha travesía.
¿Que loita de navíos? ...
¿Ónde o naufraxio daquela Nau Preta? ...

Primeiro foi o mar, mais non é certo
que a corrente nos leve:
Correspóndelle á onda repetirse de novo,
devolver algo vivo por unha dor tremenda.

Alas pasan, indómitas, altas como trofeos.
Sobrevoan a orela onde tí e máis eu nunca estivemos.
Arestora que parou de chover
corenta días e corenta noites
é preciso esquecer o diluvio,
decir que xa podemos coroarnos
cun ramallo de olivos.

Ah,si,país de outono dende un trono de sombras!

Hai un porto inmediato afincado nas pedras.

Agora
só a barca varada e nós mesmos.

No hay comentarios:

LinkWithin