15/6/08

Vida cultural

Recollemos a continuación unha serie de actividades relacionadas coa vida cultural, a modo de Axenda, que poden resultar interesantes:

- Dende o 4 ata o 23 de xullo celebrarase Via Stellae, o III Festival de Música de Compostela e os seus camiños. En total serán máis de 80 concertos. As actividades (visitas guiadas, actuacións musicais...) percorrerán gran parte da nosa xeografía. Para unha información máis detallada pódese consultar http://www.viastellae.es/

- Tamén en Santiago, podemos visitar a exposición Sorolla e os seus contemporáneos, ata o 6 de xullo, na Sede da Fundación Caixa Galicia. No mesmo lugar podemos asistir ó Ciclo de Cine "Mestres italianos", ata o 24 de xuño.

- Na Fundación Cela podemos visitar unha mostra sobre Juan Ramón Jiménez, ata o 31 de xullo. Alí atoparemos primeiras edicións das súas obras, fotografías, mesmo cartas de Cela a Zenobia Camprubí, a muller de Juan Ramón Jiménez.

- En Vigo, o 19 de xullo, temos unha cita con Capitán Furilo, pop en galego en La fábrica de Chocolate, a partir das 22:30.

- Con motivo dos 15 anos do CGAC, Centro Galego de Arte contemporánea,haberá toda unha serie de actividades que darán comezo o 20 de xuño e prolongaranse durante todo o verán . Entre elas destacamos a Inauguración de "Situación", onde poderemos ver obras de 6 artistas creadas especificamente para conmemorar esta data, Talleres para nenos, Cine de verán, Talleres de lecer...


- O 27 de xuño, en Vigo, no Ifevi, Bob Dylan dará o que será o seu cuarto concerto en Galicia. Mesmo podemos facernos coa súa obra completa a través dun coleccionable que nos presenta "La Voz de Galicia", a partir de mañán, que inclúe tamén a súa autobiografía.
. Fontes consultadas:
- "Tierras de Santiago" ( 3/06/08, Culturas).
- "La Voz de Galicia" ( viernes 13/06/08, Suplemento Fugas; sábado 14/06/08, Suplemento Culturas).
- "El País" (sábado 14/06/08, Galicia).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me han encantado sus comentarios, la vedad es que yo también opino igual.
Es un blog impresionante,nunca había visitado uno con tanta cultura y arte juntos...

Ana dijo...

Muchas gracias. Es difícil hacer una selección en el amplísimo panorama cultural que se nos ofrece . Sólo tratamos de acercar la información a los demás y de hacer algunas recomendaciones que nos parecen interesantes.

LinkWithin