11/6/08

Perdona si te llamo amor

Esta é unha obra dun dos escritores que está tendo un éxito importante nos últimos anos. Federico Moccia ( Roma, 1963) é un autor moi coñecido en Italia e tamén está comezando a ser traducido a outros idiomas. Aínda que a súa primeira novela, A tres metros sobre el cielo, foi rexeitada por todas as editoriais e o propio autor se encargou persoalmente da súa publicación, na actualidade os seus libros arrasan .

Neste terceiro libro, cóntase unha historia de amor entre dous persoaxes moi alonxados entre si, ( Alex ten case 37 anos , traballa no mundo da publicidade, pasa por un momento sentimental delicado e Niki é unha rapaza de 17 anos, vital e divertida que ten ganas de namorarse). As súas vidas entran en contacto ó protagonizar un accidente de tráfico e, a partir deste momento, xurde unha relación amorosa entre os dous que sorprende a todo o mundo, mesmo ós protagonistas da historia.
Niki e as súas amigas (Diletta, Olly e Erica), chámanse a si mesmas Olas porque "son fuertes.Fuertes como olas.No se detienen"(páx 11) e, ó longo de toda a historia, a súa amistade prevalecerá.
No libro aparecen citados moitos lugares de Roma ( Villaggio Olimpico, piazza Euclide, via Flaminia, Castel Sant'Angelo...), así como restaurantes, pubs... Tamén podemos coñecer os gustos musicais dos persoaxes (Robbie Williams, Battisti,...) así como películas ou esceas concretas das mesmas ( "Closer", "Los padres de ella"...)
Na novela , chea de diálogos, hai situacións que resultan pouco cribles, e tamén hai persoaxes que aparecen en demasiadas ocasións resultando , nalgúns momentos, totalmente previsibles ( por exemplo, a parella de policías que semella converterse nunha sombra de Álex). Esta característica pódese aplicar tamén a situacións concretas do argumento.
Hai tamén momentos divertidos e, en xeral, o ritmo é rápido. Gustariame destacar algúns comentarios que me chamaron a atención : "Podría decirse que en el amor, el dolor es proporcional a la belleza de la historia que has vivido" (páx.302) ou " Eso es la amistad. Saber dosificar el ruido de la propia presencia" (páx.555).
  • Título: Perdona si te llamo amor.
  • Autor: Federico Moccia.
  • Ed.Planeta, 680 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin