8/6/08

Cuatro minutos

Tiven a oportunidade, esta fin de semana, de poder ver unha película alemana que leva por título Cuatro minutos ( C. Kraus, 2006) e , ademais de agradecer á persoa que a gravou o feito de achegarme un tipo de cine diferente ós productos comerciais que enchen as butacas nestes tempos, gustariame adicarlle unhas cantas liñas porque, aínda que lle poidamos aplicar adxectivos como dura e triste, penso que, por varias razóns, a película merece a pena
A historia céntrase na vida de dúas mulleres que levan unha carga importante de sufrimento ás súas costas, por distintas razóns, e que entran en contacto no cárcere a través da música. A profesora Krüger, unha muller maior, estricta e silenciosa, leva o seu piano ó centro penitenciario e, deste xeito, coñece a Jenny, unha reclusa que ten un comportamento violento e impredecible, pouco amiga de que lle dean normas e cun don especial para a música. Á profesora lle sorprende o talento da súa futura alumna, (emprego este adxectivo porque nun primeiro momento agrede a un dos gardas, non ten modais, non quere saber nada de palabras coma humildade, respecto ou disciplina e a profesora decide deixarlle claro dende o principio que se non segue as regras ela non lle dará clases de piano) . Ó final, acaba entendendo que debe cambiar o seu comportamento e, acordan, nunha reunión, que participará nun concurso musical que podería gañar sen maior problema.
Vai pasando o tempo, achegándose a data do concurso e algo vai cambiando entre elas e no seu propio interior. Jenny, dalgún xeito , lémbralle á profesora unha relación amorosa que tivo hai moitísimos anos cunha muller, e a xoven cóntalle que o seu pasado non foi doado ( o seu pai abusaba dela, o seu fillo naceu morto...) Así, as vidas destas dúas mulleres, entrecrúzanse e cambian.
Non vou desvelar o final da película, pero si quero comentar que a banda sonora é un acerto, ó igual que o traballo das actrices.

No hay comentarios:

LinkWithin