26/11/07

Doris Lessing (I)


Con este "post" imos comezar unha serie monográfica en torno á vida e obra da Nobel deste ano:

Doris May Tayler naceu en Persia (actual Irán) o 22 de outubro de 1919 de pais británicos. En 1925 trasladáronse a Rhodesia, actual Zimbabwe.
Lessing describiu a súa nenez como unha mezcla desigual dalgunhas alegrías e moita dor. A súa nai, obsesionada con educala de forma correcta, sometíaa a innumerables regras na casa e despois foi enviada a un colexio de monxas, onde a asustaban con historias sobre o infierno. Máis tarde asistiría a outro colexio de mozas en Salisbury, que pronto deixou. Tiña trece años cando rematou a súa educación formal. Pero como outras escritoras sudafricanas, Lessing converteuse nunha intelectual autodidacta.

Xeración perdida, de Francisco Castro


Pódese atopar na nosa biblioteca a novela de Francisco Castro Xeración perdida. É unha novela difícil de encadrar. Todo un reto para a paciencia e para a intelixencia.
Ofrecemos uns destellos nas liñas seguintes:
"A memoria. Esta é a novela da memoria, a novela dunha xeración que se perdeu e que aínda loita por saír do burato. A novela dunha xeración perdida. (....)
Reitero, somos a nosa memoria. (...)
Hai tantos escritores no mundo como gotas de auga no mar.
Gabriel García Márquez escribiu no primeiro tomo das súas memorias que a vida de un non é o que sucedeu senón o que un recorda e como o recorda. Pois iso".

Esta é, asemade, unha novela para aqueles galegos que lles todou nacer na década dos sesenta. E para os que isto non lles interesa, que aproveiten para ler ou reler a marabillosa Vivir para contarla de Gabo.

25/11/07

Robert Louis Stevenson


A lectura proposta polo Club de lectura "Fahrenheit 451" para o mes de decembro é O estraño caso do doutor Jekyll e o señor Hyde, unha pequena pero famosa novela dun escritor escocés chamado Robert Louis Stevenson. R.L. Stevenson é un escritor clásico, moi coñecido por ter escrito libros moi populares entre a xente nova, como por exemplo A illa do tesouro, A frecha negra, ou O señor de Ballantrae. A súa vida foi breve pero igual de emocionante cós seus libros. Naceu en Edinburgo no ano 1850 e morreu en Samoa e 1894. Si, morreu aos 44 anos, vítima dunha complicación da enfermidade que daquela era moi común: a tuberculose. Esta foi tamén a razón que o levou a deixar a súa fría e húmida cidade natal, Edinburgo, na busca dun clima máis beneficioso para os seus pulmóns. Así chegou despois de moitas viaxes ao Pacífico Sur e estableceuse en Samoa coa súa familia. Alí vivíu ata a súa morte. Os nativos de Samoa déronlle o alcume de Tusitala, que significa "o contacontos". Os libros de Stevenson están cheos de aventura, e os seus protagonistas son homes de acción que se enfrontan a situacións nas que a loita entre o ben e o mal está sempre presente.

25 de novembro

Contra a violencia... contra todo tipo de violencia.
video

20/11/07

Lorenzo Silva...sempre



Sempre é unha boa ocasión para agarrarse a un libro de Lorenzo Silva. Ameno e profundo, interesante e actual, nunca deixará de sorprendernos pola súa afiada escritura. Velaí vos vai un anaquiño da reedición do seu El urinario (Destino, 2007):
"A miña vida con Natalia consiste en boa medida en acudir a vodas. Ten máis de douscentos amigos, que sumados aos máis de douscentos de cada un dos seus cinco irmáns botan unha cifra de máis de duascentas vodas posibeis. Podemos estar indo a unha cada sábado ata máis alá do ano 2017. Son espectáculos apaixoantes, nos que primeiro oes disertar sobre a parella a un célibe e despois soportas duas ou tres horas de tormento onda outras dez persoas presuntamente seleccionadas polos contraíntes ou as súas nais de acordo coa súa aptitude para encaixar contigo (en realidade, para encaixar con Natalia, que se converte sempre no centro da reunión e non deixa de rir nin de ondear a un lado e a outro a súa longa cabeleira). Ademais diso imos a festas, ás películas que non podes deixar de ver e de vez en cando ao teatro ou a un concerto."
¿Quen non se viu nesta situación algunha vez?

14/11/07

Por fin, o MAGOSTO!!


O venres 16 temos magosto no Centro.
Un bó número de actividades están preparadas para convivir doutro xeito, fóra das aulas, en contacto coa natureza e cos demais.
Infórmate e anímate a participar.

7/11/07

Colle a chave...


Colle a chave e pasa. Mira pola fiestra de internet toda a beleza que hai aí fóra, agardando por ti. Se queres coñecer un pouco mellor a nosa terra date unha volta por




ou mellor aínda, empeza por un paseo ben cerquiña:




Fotos cheas de luz para saír da caverna e ver a claridade do sol.

5/11/07

Hai un libro interesante...




Hai un libro interesante nos escaparates das librerías. Eu estouno lendo, e gústame de veras. Titúlase La luna de papel, e o seu autor é Andrea Camilleri.
Este guionista, director teatral e televisivo, e, sobre toto, novelista, naceu en Porto Empedocle, Sicilia, en 1925.

Os seus ensaios, crónicas e narracións están ambientadas na Sicilia de fins do XIX. Pero, foi en 1994, coa creación do comisario Montalbano (nome elexido como homenaxe ao escritor español Manuel Vázquez Montalbán) e á súa serie de novelas policiacas, cando este autor acadou o éxito no seu país. Este personaxe pasou a ser un heroe nacional en Italia e a protagonizar unha serie de TV supervisada polo seu creador. Durante corenta años foi guionista e director de teatro e televisión.

Reprocucimos aquí un breve fragmento:
"O comisario lera un relato dun autor italiano que falaba dun país onde o feito de facer o amor en público non só non era motivo de escándalo, senón que se consideraba a cousa máis natural do mundo, mentres que o feito de comer en presencia dos demais era considerado contrario á moral por tratarse de algo demasiado íntimo. Entráronlle gañas de rir por unha pregunta que lle pasou pola cabeza: ¿e si a idade o levara en pouco tempo a disfrutar dunha muller conformándose con comer con ela á mesma mesa e sobre o mesmo mantel?" (p. 103, Salamandra, 2007).

LinkWithin