5/11/07

Hai un libro interesante...




Hai un libro interesante nos escaparates das librerías. Eu estouno lendo, e gústame de veras. Titúlase La luna de papel, e o seu autor é Andrea Camilleri.
Este guionista, director teatral e televisivo, e, sobre toto, novelista, naceu en Porto Empedocle, Sicilia, en 1925.

Os seus ensaios, crónicas e narracións están ambientadas na Sicilia de fins do XIX. Pero, foi en 1994, coa creación do comisario Montalbano (nome elexido como homenaxe ao escritor español Manuel Vázquez Montalbán) e á súa serie de novelas policiacas, cando este autor acadou o éxito no seu país. Este personaxe pasou a ser un heroe nacional en Italia e a protagonizar unha serie de TV supervisada polo seu creador. Durante corenta años foi guionista e director de teatro e televisión.

Reprocucimos aquí un breve fragmento:
"O comisario lera un relato dun autor italiano que falaba dun país onde o feito de facer o amor en público non só non era motivo de escándalo, senón que se consideraba a cousa máis natural do mundo, mentres que o feito de comer en presencia dos demais era considerado contrario á moral por tratarse de algo demasiado íntimo. Entráronlle gañas de rir por unha pregunta que lle pasou pola cabeza: ¿e si a idade o levara en pouco tempo a disfrutar dunha muller conformándose con comer con ela á mesma mesa e sobre o mesmo mantel?" (p. 103, Salamandra, 2007).

No hay comentarios:

LinkWithin