29/10/07

TEMPO DE SAMAÍN...


A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos difuntos, marcando a transición do outono ó inverno.
Nesta noite, un pobo con fondas crenzas religiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos difuntos expostos ó frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e atopou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ó carón do lume da lareira.

2 comentarios:

Oki dijo...

A verdade é que lendo iso que escribes é unha linda historia. Ademáis é nosa e non dos anglosaxóns que acaban impoñendo as súas tradicións e lendas.

Ghrota dijo...

Isto de que os difuntos regresen, aínda que só sexa en datas tan sinaladas, tráeme á memoria a figura de Sanín, veciño ata non hai moito da parroquia en que nacín.
A Sanín morréralle a nai, vítima dun atropelo, polo que o indemnizaron con sete millóns de-las-antiguas-pesetas. Grazas a esta inxección económica, Sanín vivía d.p.m., sempre na taberna e sen dar golpe. Sempre que o vía, meu irmán, que de retranca non anda frouxo, dicíalle:
-Sanín, así e todo quen che dera que che volvera túa nai...!
Entón ao Sanín dáballe un ataque de pánico e respondía algo así como:
-Bueno, ho, a pobre xa pasou o traballo e agora xa non lle pagaba a pena volver pa ter que sufrir.

LinkWithin