Preparadas as nosas mochilas viaxeiras de verán
N
on queda nada para o remate de curso. Na biblioteca xa temos preparadas as mochilas viaxeiras de verán para os alumnos e alumnas que se achegaron a pedilas.
Cada mochila conta cos libros escollidos por cada alumno ou alumna e unha ou dúas suxestións de lectura de sorpresa -pensadas para cada un en particular- unha lectura vinculada ao eclipse solar deste verán e unha serie de agasallos de verán (gorra, pás de praia, ...).
Aínda estás a tempo para solicitar a túa!


No hay comentarios:
Publicar un comentario