entrega das mochilas viaxeiras de verán
C
omo peche da actividade deste ano o 19 de xuño, fixemos entrega das mochilas personalizadas de verán.
Nas escollas das nosos lectores e lectoras predominou este ano o manga e o libro de fantasía.
Ainara Miguélez e Elena Pop coas súas mochilas.
📚 Desde a biblioteca como libros sorpresa escollemos: Danza de acero e El pequeño libro de los eclipses.
Danza de acero é a primeira entrega da saga Pétalos de sangre de Mars Carballo Losada. Lembrade que coñecemos a esta autora pola súa primeira obra, Colores en el viento, en relación coa que nos visitou no curso 2021-22, cando foi entrevistada polo noso alumnado.
Para estar ben preparados para o evento astronómico único que poderemos contemplar o 12 de agosto, os participantes desta mochila viaxeira de verán levaron tamén este manual de divulgación sobre os eclipses.
Esperamos que gocedes das vosas lecturas!



No hay comentarios:
Publicar un comentario