lunes, abril 13, 2026

 

SAÍDA Á CORUÑA DO EQUIPO DE VOLUNTARIADO E PARTICIPANTES EN CLUBS

   o alumnado que colabora como voluntario na biblioteca e os que participan nos distintos clubs formativos e lúdicos do centro, fixeron a súa saída anual o día 8 de abril. Nesta ocasión fomos á Coruña para visitar dúas exposicións organizadas pola Fundación Barrié e a Fundación Marta Ortega.



   Na Fundación Barrié puidemos coñecer a obra do fantástico deseñador do art nouveau, René Lalique.





Na Fundación Marta Ortega visitamos a exposición Wonderland de fotografías de Annie Leibovitz.


Ademais dun amplo percorrido pola traxectoria da fotógrafa, do máis underground á alta costura, os asistentes fixeron un obradoiro de fotografía e escenificación de obras pictóricas.


Cada grupo escolleu unha pintura dunha selección proposta e, empregando diversos accesorios, recrearon a escena do cadro valéndose dunha pantalla croma verde para crear efectos na composición. Aquí vedes algúns dos procesos e resultados.


  























No hay comentarios: