DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Linguas para a paz
26 de setembro de 2024

Este ano o Día Europeo das Linguas celébrase baixo o lema "Linguas para a paz", no contexto dun mundo especialmente fendido polas guerras. Podes obter aquí información sobre a celebración deste día.
Os grupos de 3º da ESO traballaron la confección de carteis de benvida para o instituto en moitas das linguas faladas na Unión Europea. Cada un dos caterteis foi acompañado dunha pequea investigación sobre a orixe, número de falantes e situación da lingua.
Podedes ver este traballo na entrada e na biblioteca do centro, onde se atopará exposto ao longo do trimestre.
Candela Cuiña e Uxía Filloy traballando na confección e colocación dos carteis
No hay comentarios:
Publicar un comentario