30 DE XANEIRO
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
+ DÍA DA ILUSTRACIÓN
O 30 de xaneiro foi o día da non-violencia e día da ilustración. Para celebrar esta data oranizamos unha exposición para suscitar a reflexión sobre a violencia, as guerras, as súas formas e consecuencias.
Os alumnos de FPB realizaron un esclarecedor mapa concetual que explica os compoñentes, vehiculacións, xustificacións e formas en que se ramifica a violencia.
Os alumnos de 3º de ESO PMAR fixeron unha reflexión sobre as estampas de Castelao da serie Galicia mártir. Expoñemos as láminas acompañadas dun comentario de cada alumno do grupo
OBRADOIRO DE CREACIÓN
Deixamos un espazo baleiro na exposición, un espazo de creación, para que a comunidade educativa participe aportando unha ilustración acompañada dunha frase, seguindo o modelo das estampas de Castelao.
Día da Paz
30 de xaneiro escóllese como Día Internacional da Paz e a Non-Violencia, conmemorando o asasinato del pacifista, emblema da non-violencia, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros o 30 de xaneiro de 1948.
Día da Ilustración
O Día da Ilustración foi instaurado en 2014 pola Consellería de Turismo. Esta data escóllese xustamente por ser o día no que se data o nacemento de Alfonso R. Castelao. Este ano homenaxéase a Lolita Díaz Baliño.
“Galicia mártir”
No hay comentarios:
Publicar un comentario