sábado, octubre 08, 2011

El café de los corazones rotos


"-Hay dos cosas en la vida de las que un hombre nunca se harta-me decía mi madre-:Un buen plato de cocina y un buen abrazo". (Páx.9)

Así comeza esta historia, protagonizada por Dell, unha muller que ve como a súa vida cambia dun día para outro dun xeito importante, tras perder ao seu marido, co que estivo casada trinta anos. Sen embargo, chega a conclusión de que esta relación non era o que parecía e debe facerlle fronte a moitos problemas (económicos, persoais...) , así que decide sacarlle partido ás súas habilidades culinarias e abrir unha cafetería, o Heartbreak Cafe.
Dell ten que superar moitos atrancos no camiño pero conta tamén con moitos aliados. É unha muller valente que se atopa a sí mesma e que ten amigos que a axudan a saír adiante (Toni, Boone...)
Hai que dicir que nalgúns momentos percíbese certa previsibilidade, sobre todo cara ao final do libro.
As receitas do Heartbreak Cafe aparecen recollidas nas páxinas finais.

No hay comentarios: