duir
camiñar polo gume das follas
do carballo
era como abalar nos tombos
en Arneliña
esfragarse polo oco do teu van
a beira dunha folla de carballo
con q de quercia
debuxaba a revolta das corredoiras
que levan á túa casa
e aínda que nunca o dicimos
en voz alta
no centro do bugallo
arreconchegada como un neno no berce
ela conta os días e minutos
para que chuegue a súa hora
abecedario de árbores de Marilar Aleixandre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario