"Señores:
Su anuncio publicado en la Saturday Review of Literature dice que están ustedes especializados en libros agotados. La expresión libreros anticuarios me asusta un poco. Porque asocio antiguo a caro. Digamos que soy una escritora pobre amante de los libros antiguos". (Páx. 9)
Así comeza 84, Charing Cross Road de Helene Hanff, unha obra na que a protagonista, que reside en Estados Unidos, intercambia cartas con Marks & Co., unha librería de Londres e vai creando co paso do tempo unha relación especial con Frank Doel.
Pódese dicir que o xénero epistolar tece neste caso un vínculo especial cos libros e a lectura e achega a súa protagonista a toda unha serie de personaxes que chegan a ser fundamentais na súa vida. Unha boa lectura, sen dúbida.
- Título: 84, Charing Cross Road.
- Autora: Helen Hanff.
- Editorial Anagrama, 126 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario