Comezamos este ano cuns versos de Uxío Novoneyra, autor a quen se dedicou o Día das Letras Galegas 2010, e queremos volver tamén aos seus poemas para desexar a todos un Bo Nadal e un Feliz Ano 2011.
"NEVA e non leva.
Anque o ceo amoia
o silencio aboia.
Neva como eu poño
naquil poema neva.
Falopiña a falopiña
van branqueando a cortiña.
Cada miniña o seu soño...
cada copo a súa flairiña..."
De Os Eidos .
3 comentarios:
Felices Festas e Boas Lecturas!!!
Vémonos no 2011!!!
Bo Nadal e feliz ano novo! Bicos e apertas dende Loranca. Ojalá que durante al año próximo sigamos intercambiando ideas. Nos reencontramos en enero.
Unha aperta enorme para vos e os meus mellores desexos para o vindeiro ano.
Felices Festas!
Publicar un comentario