29/8/10

Ás de bolboreta

"Nas longas horas da derrota logo da avalancha no valado aquela noite de treboada volveron todas e cada unha das penurias da viaxe e, sobre todo, o teu canto de serea do outro lado do arame e a voz do avó que repetía, non deixedes que vos couten as ás, non permitades que vos couten as ás". (Páx.153)

Esta é unha obra na que moitos personaxes moi diferentes entre sí xúntanse nun café, o Luzada, e comparten cos demais as súas historias, moitas delas cun importante pouso de soidade e sufrimento. Así atopamos a Manuel e ao seu avó que pasan xunto
s varias horas ao día mentres o pai do rapaz traballa (a súa nai morreu nun accidente). Paco e Adolfo, dous amigos que pasan o día rifando e falando de todo o divino e o humano, pero que tamén agochan os seus problemas. A señora Filomena, Iqbal, Aysel... Patricia, detrás da barra, observa a todos eles e mesmo intervén nalgunha situación.

Esta obra obtivo o Premio Fundación Caixa Galicia de
Literatura Xuvenil no ano 2009.






No hay comentarios:

LinkWithin