domingo, marzo 07, 2010

El tiempo entre costuras

Sira Quiroga é a protagonista desta historia. Vive en Madrid coa súa nai, traballa nun prestixioso taller de costura, ten mozo e planea casar con el pero a compra dunha máquina de escribir, despois de quedar sen traballo, cambia o rumbo da súa vida. A partir deste instante, nos momentos previos á Guerra Civil, nada volve ser igual : coñece a unha nova parella, ve por primeira vez ao seu pai, cambia de país...Todos estes incidentes, ademais dunha durísima experiencia amorosa, deixana nunha situación desesperada, soa e sen traballo, en Tánger, da que consigue saír grazas á axuda de varias persoas. Pouco a pouco vai refacendo á súa vida, traballando moito , labrando unha reputación de modista elegante e exclusiva e creando un pasado ficticio que as súas selectas clientas encárganse de divulgar.

Despois de vivir unha serie de experiencias, e de coñecer a persoas influíntes no mundo da política, acepta unha proposta arriscada, regresa a Madrid e alí enfróntase ao seu pasado e é quen de gobernar, por fin, a súa vida.
" [...] Por primera vez en mucho tiempo, tal vez por primera vez en toda mi vida, me sentía orgullosa de mí misma. Orgullosa de mis capacidades y de mi resistencia, de haber superado airosamente las expectativas que sobre mí existían. Orgullosa al saberme capaz de aportar un grano de arena para hacer de aquel mundo de locos un sitio mejor. Orgullosa de la mujer que había llegado a ser " (Páx.604).
  • El tiempo entre costuras.
  • Autora : María Dueñas.
  • Editorial Temas de Hoy, 638 páginas.

No hay comentarios: