Andrea Ricoy, a nosa xefa de estudos e estupenda lectora, fainos a seguinte recomendación :
Thomas Mann é un autor consagrado da literatura universal; sen embargo, teño que confesar que o que tiña lido del ata o de agora ( “A morte en Venecia”, “A montaña máxica” e “Doktor Faustus”) non me gustara: pareciame moi pesado e un pouco inintelixible, e rematábao polo absurdo sentimento de que hai cousas que é necesario ler. Non me pasou así con “Os Buddenbrook”, lino con paixón, desexando retomar a lectura en calquera momento e demorando o máis posible o momento de deixala.
É que son tan certeras a súas descricións, que un cre escoitar o fru-fru da seda dos vestidos das damas, percorrer os salóns e demais estancias da casa dos Buddenbrook, saborear os suculentos pratos das celebracións, ver ás personaxes…Tan atinados os retratos psicolóxicos que entendemos a Tony obsesionada pola distinción, romántica e sentimental, orgullosa e inconsciente víctima da súa condición de muller e do seu sentido do deber para coa súa estirpe, comprendemos os seus desgraciados matrimonios e tamén a súa desolación ao asistir ao declinar da súa familia, desolación da que sempre se recupera porque cos anos vai desenvolvendo un gran espíritu práctico; e que dicir de Christian… moi poucas veces lin un retrato tan axustado: personalidade de espíritu artístico, con dificultade para centrarse nos aspectos prácticos da vida, tendente ao abandono e a desidia, centrado en si mesmo e na análise obsesiva dos seus procesos físicos e psicolóxicos, bohemio e transgresor das convencións sociais. Comprendemos tamén a Thomas, home de mentalidade práctica e emprendedora, defensor da orde, a disciplina e o traballo, pero que debe soportar a pesada carga da dirección da empresa e a familia e que, ás veces, vese sobrepasado por ela e cae nun profundo abatimento, que tamén ten que ver cun sentimento de vacío interior, de vivir a vida como representación. Sentimos distancia respecto a Gerda, esposa de Thomas, bela, fría, reservada, que só se emociona coa música; compadecémonos de Hanno, o herdeiro, tímido, feble, enfermizo, hipersensible e fonte de continua frustración para o seu pai, Thomas, que quere facer del un home de acción, cheo de vigor, dinamismo e determinación.

Está tan ben medido o tempo narrativo que a lectura faise áxil e amena; non ocorre aquí como en tantos libros que nos gustan, pero aos que lles quitaríamos unha boa parte, a este, a pesar das súas case mil páxinas, no lle sobra nada.
Inspirándose na súa propia familia, Thomas Mann cóntanos a historia dos Buddenbrook, ricos comerciantes alemáns, ao longo do século XIX. O autor coñece o seu mundo e recréao con xenial mestría.
Referíndose a Lola Flores dicía o New York Times: “Non sabe bailar nin cantar, pero non a perdan”. Pois ben, Thomas Mann fai bailar as súas personaxes a danza da vida e canta as súas peripecias nun libro inesquecible. Non volo perdades.
2 comentarios:
Un comentario ben completo e unha recomendación moi interesante.
Grazas.
Saúdos.
Sempre estamos atentos ás túas recomendacións, Andrea. Acabo de rematala estes días e debo dicir que é unha obra extraordinaria (dende os retratos dos personaxes, a análise da mentalidade burguesa da época, o sentido do humor que destila, ...) Efectivamente, non debemos perdela.
Publicar un comentario